Wikipedia:10 cousas que pode que non saibas da Wikipedia
Aparencia
Esta páxina é un ensaio, non se trata dunha política ou guía oficial. Contén recomendacións ou opinións dun ou máis usuarios da Wikipedia. Algúns ensaios representan normas e usos amplamente aceptados pola comunidade, mentres que outros só representan puntos de vista minoritarios. Os ensaios teñen unha función orientativa e informativa, mais en ningún caso normativa. |
10 cousas que pode que non saibas da Wikipedia consiste nunha lista de reflexións sobre a Wikipedia dirixidas especificamente a aqueles que teñan unha experiencia limitada no proxecto, como poden ser xornalistas, novos lectores ou novos editores. Estas explicacións non soprenderán ós editores experimentados, pero agardamos que sirvan de axuda ó resto do mundo para formarse unha opinión informada sobre o noso traballo.
- Non estamos en venda.
- Se temes que Wikipedia poida ser mercada polo simpático xigante da rede do teu barrio, non te desalentes. Wikipedia é un sitio web non comercial xestionado pola Fundación Wikimedia, unha organización sen ánimo de lucro con sede en San Francisco, Estados Unidos de América. Financiámonos mediante doazóns e subvencións, e a nosa misión é en última instancia a de facer chegar o coñecementro libre a calquera persoa do mundo.
- Para máis información consulta Wikimediafoundation.org
- O noso traballo pode ser usado por calquera, cunhas poucas condicións.
- A Wikipedia tomou exemplo da comunidade de software libre (que inclúe proxectos como GNU/Linux e Mozilla Firefox), e optamos por non impoñer varias das restriccións que permiten os dereitos de autor. No seu lugar adoptamos unha «licenza de contido libre»: podes copiar, modificar e redistribuir todos os textos creados polos nosos usuarios. Só pedimos que recoñezcas a labor dos contribuidores e que non impoñas novas restriccións sobre o traballo ou mellor con que contribúas.
- Para máis información consulta Wikipedia:Dereitos de autor
- Falamos abkazo...
- ...e máis de 280 linguas. Certamente, a maioría das edicións de Wikipedia teñen menos de 10.000 artigos, pero non será porque non o estamos a intentar. Xeralmente, os artigos de cada lingua desenvólvense independentemente, aínda que algúns son traducións directas ou adaptacións realizadas por tradutores voluntarios, nunca por máquinas. A Fundación Wikimedia é apoiada por unha rede de traballo en continuo crecemento de organizacións locais independentes, presentes en decenas de países, que nos axudan a darnos a coñecer no ámbito local. En moitos países, incluído os Estados Unidos de América, a Wikipedia atópase entre os dez sitios web máis visitados.
- Para máis información consulta a Lista de Wikipedias
- No podes mudar nada en Wikipedia...
- ...só podes engadir ao proxecto. Wikipedia é unha base de datos cunha memoria eterna. A entrada que les hoxe trátase da última edición; conservamos tódalas versións anteriores e podes acceder a elas en todo momento. Isto permite comparar entre as dúas versións e incluso reeditar unha versión precedente se é necesario. Como lector podes mesmo citar unha versión específica do artigo que estás a ler. Abonda con referirse á dirección (URL) daquela versión, usando a "ligazón permanente" que atopas na esquera do menú de navegación, e serás redirixido a unha páxina cuxos contidos nunca cambiarán. (Porén, se un artigo foi borrado, a túa "ligazón permanente" non funcionará, se ben pode ser recuperado por un administrador).
- Para máis información consulta Wiki
- Estamos profundamente preocupados pola calidade do noso traballo.
- Wikipedia ten un sistema de regras e procesos de control de calidade, para intentar mellorar os nosos artigos o máximo posíbel. Os usuarios poden controlar as modificacións en tempo real, observar o desenvolvemento de materias específicas nas que posúan algún grao de coñecemento, seguir as contribucións de cada usuario, sinalar entradas solicitando reparacións ou control por parte doutros usuarios, informar sobre vandalismo e discutir o mérito de cada artigo con outro usuarios. Os nosos mellores artigos están sinalados como artigos de calidade, e os artigos que presentan graves carencias ou problemas son propostos para a súa eliminación. Os "wikiproxectos" céntranse en mellorar os artigos de temas particulares. Preocupámonos por levar o noso traballo coa máxima corrección e estudamos novas formas e novos instrumentos para conseguilo.
- Para máis información consulta Wikipedia:A Taberna
- Non pedimos que te fíes de nós.
- Está na natureza mesma dun traballo constantemente actualizado, como é Wikipedia, que mentres algunhas voces alcancen a máis elevada calidade académica, outras sexan -e admitímolo sen maior esforzo- sinxelamente lixo. Somos plenamente conscientes disto. Tratamos de arranxar os problemas de cada artigo, e atopar modos de sinalar eficazmente en que condicións se atopa un artigo en cada momento. De todos modos, no mellor dos casos, Wikipedia é unha enciclopedia e non unha fonte primaria, con tódalas limitacións que isto carrexa. Polo tanto, pregámosche que non condenes á Wikipedia, se non que a uses con coñecemento ben informado do que é e do que representa.
- Para máis información consulta Wikipedia:Advertencia xeral
- Non ficamos sós.
- Wikipedia forma parte dun movemento de cultura libre que está xerando cambios na ciencia e na educación. A Fundación Wikimedia xestiona diretamente 10 proxectos irmáns ademais da enciclopedia: Wikcionario (un dicionario), Wikisource (unha biblioteca en liña), Wikimedia Commons (unha selección de arquivos multimedia con máis dun millón de imaxes, sons e vídeo), Wikilibros (unha selección de textos e manuais de intención didáctica), Wikinews (un sitio de xornalismo cidadán), Wikiversity (un instrumento para a aprendizaxe interactiva), Wikicitas (unha recompilación de citas), Wikispecies (un catálogo de tódalas formas de vida), Wikivoyage (unha guía de viaxes) e Wikidata (unha base de datos colaborativa). Como a mesma Wikipedia, todos estes proxectos están publicados con licenza libre e abertos ós contribuidores.
- Para máis información consulta Proxectos Wikimedia
- Só somos recolectores de información.
- Os artigos en Wikipedia non se asinan, e os usuarios son voluntarios non retribuídos. Malia que declares ser un docente, que uses o teu nome real ou que prefiras manter o anónimato, as túas modificacións e as túas argumentacións serán xulgadas única e exclusivamente polo seu mérito. Requerimos que sexan citadas as referencias de onde se extraese cada dato que se publica, e non se permite ós editores publicar as súas conclusións propias na redacción dos seus artigos. Os editores de Wikipedia deben seguir un punto de vista neutral: deben limitarse a recompilar opinións relevantes que estean adscritas a fontes fidedignas.
- Para máis información consulta A Wikipedia non é unha fonte primaria
- Non somos unha ditadura.
- A Fundación Wikimedia está controlada por un consello de administración (Board of Trustees), do cal, a meirande parte dos seus integrantes foi elixida pola comunidade. Nin o consello nin o persoal da Fundación Wikimedia teñen control sobre as liñas editoriais, e os proxectos están autoxestionados polas respectivas comunidades e regulados por consenso. O fundador da Wikipedia, Jimmy Wales, en ocasións é consultado para dar a última palabra sobre a Wikipedia en lingua inglesa, pero a súa influencia reside no prestixo adquirido e non no seu poder; e os seus pareceres teñen efecto só cando a comunidade o aproba. Wikipedia é transparente e autocrítica; as controversias discútense abertamente e ademais están documentadas na mesma Wikipedia cando alcanzan certa relevancia.
- Para máis información consulta Principais críticas á Wikipedia
- Estamos aquí para quedar.
- Agardamos que a Wikipedia fique aquí por algún que outro século dende agora, se é que non muta nalgunha cousa aínda máis significativa. Todo en Wikipedia está estruturado para este fin: as nosas licenzas, a nosa organización e a nosa xestión, a nosa apertura intelectual, as nosas estratexias de financiamento, o noso uso do software libre e o noso incesante esforzo por alcanzar o noso obxectivo. Queremos que imaxines un mundo no que cada ser humano individual poida libremente compartir a suma de todo o coñecemento. Esta é a nosa meta, e precisamos a túa axuda.
- Para máis información consulta Wikimediafoundation.org