Wetar
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Barat Daya Islands (en) | ||||
Situado na entidade xeográfica | Barat Daya Islands (en) | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Maluku Barat Daya, Indonesia | ||||
Localización | Timor and Wetar deciduous forests (en) | ||||
| |||||
Bañado por | Mar de Banda e Estreito de Wetar (pt) | ||||
Características | |||||
Altitude | 493 m | ||||
Dimensións | 45 () × 130 () km | ||||
Superficie | 2.600 km² | ||||
A illa de Wetar pertence á provincia indonesia de Maluku e é a maior das illas de Barat Daya (literalmente "illas do sueste", xa que están a sueste da capital da provincia, Ambon).
É considerada parte das illas Molucas, Wetar fica ó leste das Pequenas Illas de Sonda, que inclúen tamén as illas de Alor e Timor, esta última separada por apenas 56 km de Wetar polo estreito que leva seu nome (Estreito de Wetar). Ao oeste, xunto ao Estreito de Ombai, fica a illa de Alor. Xa a suroeste o illote de Liran e, mais alén, a pequeniña illa timorense de Ataúro. Ao norte fica o Mar de Banda e ao leste Romang e Damar, as dúas outras principais illas das Illas de Barat Daya.
As principais cidades en Wetar son Lioppa, no noroeste, Ilwaki no sur, Wasiri no norte, Masapun no leste, e Arwala no nordeste, todas conectadas por estradas.