watchOS
WatchOS | |
---|---|
Desenvolvedor | Apple Inc. |
En galego | Non, só a data |
Sitio web | https://www.apple.com/watchos/ |
watchOS é o sistema operativo do Apple Watch, desenvolvido por Apple Inc. Está baseado en iOS, o sistema operativo que usa o iPhone, e ten moitas funcións similares.[1] Foi lanzado o 24 de abril de 2015, xunto co Apple Watch, o único dispositivo que executa watchOS. watchOS conta cunha API chamada WatchKit para uso dos desenvolvedores.
A segunda versión, watchOS 2, incluía soporte para aplicacións nativas de terceiros e outras melloras, lanzouse o 21 de setembro de 2015.[2][3][4] A terceira versión, watchOS 3, publicouse o 13 de setembro de 2016, cun mellor rendemento e con novos temas para a interface chamados " watch faces ". A cuarta versión, watchOS 4, lanzouse o 19 de setembro de 2017. A quinta versión, watchOS 5, lanzouse o 17 de setembro de 2018,[5] para engadir máis soporte de terceiros e novos adestramentos, xunto coa función de " Walkie-Talkie ".[6] A sexta versión, watchOS 6, lanzouse o 19 de setembro de 2019.[7] A sétima versión, watchOS 7, lanzouse o 16 de setembro de 2020 para admitir a función de lavado de mans (motivado polo COVID) e o seguimento do sono.[8][9] A oitava versión, watchOS 8, lanzouse o 20 de setembro de 2021, con actualizacións de seguimento da saúde, imaxes e aplicacións.[10] A novena versión, watchOS 9, lanzouse o 12 de setembro de 2022. A décima versión, watchOS 10, lanzouse o 18 de setembro de 2023. A undécima versión, watchOS 11, lanzouse o 16 de setembro de 2024.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Apple Watch runs 'most' of iOS 8.2, may use A5-equivalent processor". appleinsider.com. Arquivado dende o orixinal o 2015. Consultado o 2015.
- ↑ "Apple announces watchOS 2 with third-party Apple Watch apps, new Timepieces, video playback, much more". 9to5mac.com. Arquivado dende o orixinal o 2015. Consultado o 2015.
- ↑ "watchOS 2 final version released for Apple Watch users". ithinkdiff.com. Arquivado dende o orixinal o 2019. Consultado o 2015.
- ↑ "Apple's watch OS 2 is now live following bug delay". cnet.com. Arquivado dende o orixinal o 2018. Consultado o 2015.
- ↑ "Apple Launches watchOS 5 With Walkie-Talkie, Apple Podcasts, Siri Shortcuts, New Watch Faces, Raise to Speak and More". macrumors.com. Arquivado dende o orixinal o 2018. Consultado o 2018.
- ↑ "watchOS 5 adds powerful activity and communications features to Apple Watch". apple.com. Arquivado dende o orixinal o 2022. Consultado o 2018.
- ↑ "Apple Releases watchOS 6 With Dedicated App Store, New Watch Faces, Noise Monitoring App and More". macrumors.com. Arquivado dende o orixinal o 2019. Consultado o 2019.
- ↑ "watchOS 7 adds significant personalization, health, and fitness features to Apple Watch". apple.com. Arquivado dende o orixinal o 2021. Consultado o 2020.
- ↑ "10 new tricks WatchOS 7 will soon bring to your Apple Watch". cnet.com. Arquivado dende o orixinal o 2020. Consultado o 2020.
- ↑ "Apple will introduce new health features and a focus mode to WatchOS 8". wavband.com. Arquivado dende o orixinal o 2021. Consultado o 2021.