Wallace Carothers
Nome orixinal | (en) Wallace Hume Carothers |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de abril de 1896 Burlington, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 29 de abril de 1937 (41 anos) Wilmington, Estados Unidos de América |
Causa da morte | suicidio, veleno |
Educación | Universidade de Illinois Tarkio College (en) |
Director de tese | Roger Adams (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Química, polímero e química orgánica |
Ocupación | químico, inventor, enxeñeiro |
Empregador | Universidade Harvard DuPont |
Membro de | |
Profesores | Roger Adams (pt) |
Familia | |
Irmáns | Isobel Berolzheimer |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Wallace Hume Carothers, nado en Burlington (Iowa) o 27 de abril de 1896 e finado en Filadelfia o 29 de abril de 1937, foi un químico estadounidense, inventor e xefe do departamento de química orgánica de DuPont, ao que se atribúe a invención do nailon.[1]
Carothers era o líder do grupo nos laboratorios da estación experimental DuPont, preto de Wilmington, Delaware, onde tiveron lugar a maioría de investigación sobre polímeros.[2] Carothers foi un químico orgánico que ademais de ser o primeiro en desenvolver o nailon, tamén axudou a sentar as bases para o desenvolvemento do neopreno. Despois de recibir o seu doutoramento, foi profesor en diversas universidades antes de ser contratado pola DuPont para traballar fundamentalmente en desenvolvemento.
Casou con Helen Sweetman o 21 de febreiro de 1936. Carothers padeceu problemas de depresión dende a súa mocidade. A pesar do seu éxito co nailon, sentiu que non lograra moito e que quedara sen ideas. A súa infelicidade agravouse coa morte da súa irmá Isobel, e na tarde do 28 de abril de 1937 rexistrouse nun cuarto de hotel de Filadelfia e suicidouse bebendo zume de limón mesturado con cianuro de potasio.[3] A súa filla, Jane, naceu sete meses despois, o 27 de novembro de 1937.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Carothers naceu en Burlington, Iowa, fillo de Ira e Mary Evalina Carothers. Foi o máis vello de catro fillos. Tivo un irmán e dúas irmás, John, Isobel e Mary. Na súa mocidade, Carothers estaba fascinado coas ferramentas e os artefactos mecánicos e gastaba os seus cartos e o seu tempo en experimentos. Asistiu á escola pública en Des Moines, onde foi un estudante concienzudo. Despois da graduación, e baixo a presión dos seus pais, Carothers inscribiuse nun college da cidade, o City Commercial College de Des Moines, do que o seu pai era vicepresidente, completando o plan de contabilidade e secretariado en xullo de 1915.
En setembro de 1915, entrou na Universidade de Tarkio, en Missouri. Aínda que ao principio se especializou en inglés, cambiou á química pola influencia de Arthur Pardee, xefe dese departamento.[4]
Obtivo o grao pola universidade de Illinois en 1924. Especializouse en química orgánica con materias de física química e matemáticas.
Carreira
[editar | editar a fonte]Tras recibir o doutoramento, Carothers permaneceu na universidade de Illionois durante dous anos como profesor de química orgánica.
En 1927, DuPont decidiu financiar a investigación pura fundamental, a non dirixida deliberadamente contra o desenvolvemento dun produto para facer diñeiro. Carothers viaxou a Wilmington, Delaware, para discutir a posibilidade de dirixir a sección de química orgánica no novo laboratorio da investigación fundamental de DuPont.[5]
Carothers comezou a traballar na Estación Experimental de DuPont o 6 de febreiro de 1928. A síntese dun polímero cunha masa molecular de máis de 4200, a obtida por Emil Fischer, foi o seu obxectivo primario.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]O 21 de febreiro de 1936, Carothers casou con Helen Sweetman, coa que estivera saíndo dende 1934. Sweetman tiña un grao superior en química e traballaba para DuPont na preparación de aplicacións de patentes.[6]
Pouco despois, o 30 de abril de 1936, Carothers foi elixido para a Academia Nacional de Ciencias. Carothers foi o primeiro químico industrial orgánico que recibiu o honor. A pesar de que esta honra certificaba as súas contribucións á ciencia, Carothers non puido soportar a depresión. A principios de xuño, foi admitido de xeito involuntario no Hospital de Pensilvania, unha prestixiosa institución mental, onde tivo como psiquiatra ao doutor Kenneth Appel. Un mes máis tarde, déronlle permiso para abandonar o instituto para ir a facer sendeirismo no Alpes tiroleses cuns amigos. O plan fora organizado polos doutores Roger Adams e John Flack para dúas semanas. Despois de saír do centro, quedou para camiñar el só, sen dicir nada a ninguén, nin á súa esposa. O 14 de setembro, apareceu de súpeto no seu despacho da estación espacial. Nese momento, non se esperaba que Carothers realizase ningún traballo alí, mais ía habitualmente a visitalos. Comezou a vivir en Whiskey Acres despois de que a súa esposa acordase co doutor Appel en que ela non era suficientemente forte para vixialo.[7]
O 8 de xaneiro de 1937, a irmá de Carothers, Isobel, faleceu de pneumonía. Wallace e Helen Carothers viaxaron a Chicago para asistir ao funeral e logo Des Moines para o enterro. Aínda viaxou a Filadelfia para visitar o seu psiquiatra, Dr. Appel, e este dixo a un amigo de Carothers que pensaba que o suicidio era o resultado probable no caso de Carothers.[8]
O 28 de abril de 1937, Carothers foi á estación experimental a traballar. Suicidouse nun cuarto de hotel de Filadelfia o día seguinte tomando cianuro disolto en zume de limón, sabendo que a inxestión de cianuro nunha solución ácida intensificaría a velocidade e o efecto do veleno. Non deixou ningunha nota.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hermes, Matthew. Enough for One Lifetime. Wallace Carothers, Inventor of Nylon, Chemical Heritage Foundation, 1996, ISBN 0-8412-3331-4.
- ↑ Roberts, RM (1989) Serendipity: Accidental discoveries In Science, John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-60203-5
- ↑ Burton, Holman, Lazonby, Pilling & Waddington, Chemical Storylines, Heinemann Educational Publishers, 2000. ISBN 0-435-63119-5
- ↑ D. L. Fishel, personal reminiscence from A. Pardee (1959).
- ↑ Smith, JK; Hounshell, DA (1985). "Wallace H. Carothers and Fundamental Research at Du Pont". Science 229 (4712) (2 de agosto de 1985). pp. 436–442. PMID 17738664. doi:10.1126/science.229.4712.436.
- ↑ Hermes, Enough for One Lifetime páx. 219
- ↑ Hermes, Enough for One Lifetime páx. 277
- ↑ Hermes, Enough for One Lifetime páx. 283, baseado na entrevista do autor ao seu amigo en 1990.
- ↑ Hermes, Enough for One Lifetime páx. 291, que cita o Wilmington Morning News e The New York Times do 30 de abril de 1937
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Chemical achievers at chemheritage.org
- Encyclopedia of World Biography on Wallace Hume Carothers
- "Wallace Carothers:1928". DuPont Heritage website. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2012. Consultado o 16 de febreiro de 2010.
- National Academy of Sciences Biographical Memoir