Saltar ao contido

Vostok 6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vostok 6
Cápsula de retorno da Vostok 6
TipoTripulada
Data de lanzamento16 de xuño de 1963, 9:29 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorVostok 8K72K[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión2,95 días[2][6]
Obxectivo da misiónVoo en formación coa Vostok 5, primeira muller no espazo.[2][6]
Regreso19 de xuño de 1963[1][6]
NSSDC ID1963-023A
Masa4713,0 kg[2][5][6]

Vostok 6 foi o nome da sexta misión tripulada da Historia e na que voou a primeira muller no espazo, Valentina Tereshkova. Foi lanzada pola Unión Soviética o 16 de xuño de 1963 mediante un foguete Vostok 8K72K desde o cosmódromo de Baikonur. Foi tamén o último voo dunha nave Vostok.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión de Vostok 6 foi realizar a sexta misión orbital tripulada da Historia, coa primeira muller en viaxar ao espazo, e o segundo voo en formación xunto coa Vostok 5. A Vostok 5 foi lanzada en primeiro lugar, e a 6 dous días máis tarde para atoparse en órbita e achegarse a tan só uns quilómetros unha da outra. Os obxectivos da misión foron estudar a capacidade do corpo humano para traballar en microgravedade e as diferentes respostas dos corpos masculino e feminino á falta de gravidade, facer experimentos científicos e mellorar os sistemas das naves espaciais. No momento da inserción orbital da Vostok 6 as naves estaban a menos de 5 km de distancia. Os dous cosmonautas, Bykovskiy na Vostok 5 e Tereshkova na 6, chegaron a contactar por radio, pero dado que as naves Vostok non tiñan capacidade de manobra, empezaron a alonxarse sen posibilidade de reunirse de novo. A nave regresou á Terra o 19 de xuño de 1963 ás 8:20 GMT, na rexión de Karaganda. Ningunha outra muller soviética viaxaría ao espazo nos 19 anos seguintes, ata o voo de Svetlana Savitskaya.[2][3][4][5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "VOSTOK 6" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Vostok 6" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 10 July 1963 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (63-15160). 11 de xullo de 1963: 2. Consultado o 27 de marzo de 2018. 
  4. 4,0 4,1 Claude Lafleur (2017). "Vostok 6" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Vostok-3K" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Vostok 6" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018.