Saltar ao contido

Voo 797 de Varig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 797 de Varig
O avión do accidente en 1982
Resumo
Data  3 de xaneiro de 1987
Causa  fallo de motor
na engalaxe
Lugar  Akouré, Costa do Marfil
Coordenadas 
Orixe  aeroporto Port Bouët
Destino  Río de Xaneiro-Galeão
Feridos  1
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 707-320C
Operador  Varig
Rexistro  PP-VJK
Pasaxeiros  39
Tripulación  12
Superviventes  1 (inicialmente 3)

O voo 797 de Varig era un voo dende Abidjan, Costa do Marfil a Río de Xaneiro, Brasil. O 3 de xaneiro de 1987 o Boeing 707-320C que operaba a ruta esnafrouse contra a terra, matando aos 12 tripulantes e a 38 dos 39 pasaxeiros.[1]

Cando saíu de Abidjan o aparello comezou a ter problemas co seu motor número 1 (na á esquerda).[1] Mentres regresaba o avión esnafrouse nunha xungla a 18 quilómetros do aeroporto.[2] O lugar do accidente foi unha plantación de caucho.

Catro días despois do desastre, Ahmad Wansa, un cidadán británico ferido no accidente, morreu a bordo dun avión de Swiss mentres chegaba a París; estaba sendo transferido a unha unidade de queimados nun suburbio de París. O único supervivente foi o profesor da Universidade de Costa do Marfil Neuba Yessoh,[3] que tiña queimaduras en menos do 20% do seu corpo.[2]

  1. 1,0 1,1 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 707-379C PP-VJK Abidjan-Felix Houphouet Boigny Airport (ABJ)". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2015. Consultado o 2018-12-09. 
  2. 2,0 2,1 Ap (1987-01-07). "Death of Briton Brings Toll To 50 in Abidjan Plane Crash". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2018-12-09. 
  3. Everett, Richard (1987-01-06). "Varig 707 in Ivory Coast Crash Said to Have Had Earlier Troubles". The Washington Post (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-09.