Voo 611 de China Airlines
Voo 611 de China Airlines | |
---|---|
747-200 semellante ao do accidente.
| |
Resumo | |
Data | 25 de maio de 2002 |
Causa | erro de mantemento |
Lugar | estreito de Taiwán |
Coordenadas | |
Finados | 225 (todos) |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 747-209B |
Operador | China Airlines |
Rexistro | B-18255 |
Pasaxeiros | 206 |
Tripulación | 19 |
Superviventes | 0 |
O voo 611 de China Airlines era un voo regular de pasaxeiros entre o antigo Aeroporto Internacional Chiang Kai-shek (hoxe en día aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan), en Taiwán, e o aeroporto internacional de Hong Kong. O 25 de maio de 2002 o Boeing 747-209B que operaba a ruta desintegrouse no aire debido a reparacións defectuosas, e estrelouse no estreito de Taiwán a 43 km ao nordés das illas Penghu, dous minutos despois da engalaxe. Morreron as 225 persoas que ían a bordo. A rotura no aire foi causada por unhas reparacións mal realizadas 22 anos antes. En 2018 aínda era o peor accidente de aviación ocorrido en Taiwán.
O accidente foi particularmente preocupante para o particularly disturbing to the public as the Taipei–Hong Kong route was among the most heavily traveled international air routes in the world; it was so profitable that it was even referred to as the "Golden Route."
Accidente
[editar | editar a fonte]O avión engalou ás 15:08 local time (07:08 UTC) e tiña que chegar a Hong Kong ás 16:28 HKT (08:28 UTC). A tripulación estaba formada polo capitán Ching-Fong Yi de 51 anos, o primeiro oficial Yea Shyong Shieh de 52, e o enxeñeiro de voo Sen Kuo Chao de 54.[1] Os tres pilotos tiñan moita experiencia, o capitán e o primeiro oficial tiñan máis de 10 000 horas de voo, e o enxeñeiro tiña máis de 19 100 horas.
Ás15:16 o aviónfoi autorizado a trepar ao nivel de voo 350 (uns 11 000 m). Ás 15:33 o avión desintegrouse no aire e perdeuse o contacto.[2]
Chang Chia-juch, o viceministro taiwanés de Transporte e Comunicacións, dixo que dous avións de Cathay Pacific na zona recibiron sinais do indicador-localizador de emerxencia do aparello accidentado. Os 206 pasaxeiros e 19 tripulantes a bordo morreron.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "China Airlines". web.archive.org. 2002-08-06. Archived from the original on 06 de agosto de 2002. Consultado o 2018-12-17.
- ↑ Bradsher, Keith (2002-05-26). "Taiwanese Airliner With 225 Aboard Crashes in Sea". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2018-12-17.
- ↑ "All 225 feared dead in Taiwan air crash". CNN. Consultado o 2018-12-17.