Vombatiformes
Vombatiformes Rango fósil: oligoceno tardío - actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Phascolarctos cinereus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familias e Xéneros | |||||||||||||||||
|
A dos vombatiformes (Vombatiformes) é unha suborde de mamíferos marsupiais da orde dos diprotodontes.[1] Esta suborde comprende tan só dúas familias con especies viventes, a dos fascolárctidos, que inclúe tan só o coala,[2] e a dos vombátidos, que comprende dous xéneros, Lasiorhinus, con dúas especies, e Vombatus, cunha única especie viva, o uombat.[3]
Entre as familias extintas destaca a dos diprotodóntidos, que inclúe a Diprotodon optatum, o marsupial máis grande que xamais existiu, e que moitos cren que foi a inspiración do bunyip, monstro mariño da mitoloxía dos aborixes australianos.
A suborde dos vombatiformes, cos seus membros estreitamente relacionados e a súa forma corporal compacta, contrasta coas outras dúas subordes dos diprotodontes, a dos macropodiformes, que inclúe, entre outros, aos canguros), e a dos falanxeriformes, que abarca as sarigüeias, os falanxeros e os petauros.
Moitos biólogos cren que o coala e o uombat comparten un antepasado común, do que diverxeron moi recentemente, no cenozoico.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A suborde foi descrita en 1830 polo botánico e zoólogo británico Gilbert Thomas Burnett.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo Vombatiformes está formado pola raíz do nome do xénero tipo, Vombatus e o segundo elemento do latín científico -iformes, que significa 'en forma de'. Literalmente: 'os que teñan forma de uombat'.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Suborde Vombatiformes
- Familia †Maradidae
- Familia Phascolarctidae: coala (única especie actual).[5]
- Xénero †Perikoala
- Xénero †Madakoala
- Xénero †Koobor
- Xénero †Litokoala
- Xénero †Nimiokoala
- Xénero Phascolarctos
- Familia Vombatidae: uombats (tes especies viventes)
- Xénero †Rhizophascolomus
- Xénero Vombatus
- Xénero †Phascolonus
- Xénero †Warendja
- Xénero †Ramasayia
- Xénero Lasiorhinus
- Familia †Ilariidae
- Xénero †Kuterintja
- Xénero †Ilaria
- Familia †Thylacoleonidae.[6]
- Xénero †Thylacoleo
- Xénero †Priscileo
- Xénero †Wakaleo
- Superfamilia †Diprotodontoidea.[7]
- Familia †Palorchestidae.[7]
- Xénero †Palorchestes
- Xénero †Propalorchestes
- Xénero †Ngapakaldia
- Xénero †Pitikantia
- Xénero †Alkwertatherium
- Familia †Diprotodontidae.[7]
- Xénero †Bematherium
- Xénero †Pyramios
- Xénero †Nototherium
- Xénero †Meniscolophus
- Xénero †Euryzygoma
- Xénero †Diprotodon
- Xénero †Euowenia
- Xénero †Stenomerus
- Familia †Zygomaturinae.[7]
- Xénero †Silvabestius
- Xénero †Neohelos[7]
- Xénero †Raemeotherium
- Xénero †Plaisiodon
- Xénero †Zygomaturus
- Xénero †Kolopsis[7]
- Xénero †Kolopsoides
- Xénero †Hulitherium
- Xénero †Maokopia
- Familia †Palorchestidae.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Vombatiformes no WoRMS.
- ↑ Phascolarctidae no WoRMS.
- ↑ Vombatidae no WoRMS.
- ↑ "Black, K., March 2007. Maradidae: a new family of vombatomorphian marsupial from the late Oligocene of Riversleigh, northwestern Queensland. Alcheringa 31, 17-32." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de marzo de 2018. Consultado o 29 de abril de 2016.
- ↑ McKenna, Malcolm C.; Bell, Susan K., eds. (1997). Classification of mammals – above the species level. New York: Columbia University Press. pp. xii–631. ISBN 9780231110129.
- ↑ Naish, Darren. "Of koalas and marsupial lions: the vombatiform radiation, part I". Scientific American. Scientific American, Inc. Consultado o 24 October 2015.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 Black, K. (2012). "Revision in the marsupial diprotodontid genus Neohelos: Systematics and biostratigraphy". Acta Palaeontologica Polonica. doi:10.4202/app.2012.0001.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vombatiformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Vombatiformes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- McKenna, Malcolm C.; Bell, Susan K., eds. (1997). Classification of mammals – above the species level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-2311-1012-9.
- Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
- Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
- Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
- Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vombatiformes na ADW.