Saltar ao contido

Volgogrado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVolgogrado
Волгоград (ru) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

AlcumeВолжская твердыня Editar o valor en Wikidata
EpónimoRío Volga Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 48°42′31″N 44°30′53″L / 48.7086, 44.5147
EstadoRusia
ÓblastsÓblast de Volgogrado
Urban okrug in Russia (en) TraducirVolgograd Urban Okrug (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.004.763 (2021) Editar o valor en Wikidata (1.169,69 hab./km²)
Xeografía
Superficie859 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Volga Editar o valor en Wikidata
Altitude80 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorZasekin (en) Traducir, Roman Vasilevich Alferev (en) Traducir e Ivan Nashchokin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación1589 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
23 de agosto de 1942Batalla de Stalingrado Editar o valor en Wikidata
Santo padrónAlexandre Nevski Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoAndrej Kosolapov (en) Traducir (2014–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal400001–400138 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico8442 Editar o valor en Wikidata
Identificador OKTMO18701000001 Editar o valor en Wikidata
Identificador OKATO18401000000 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Reinickendorf (pt) Traducir
Constancia
Coventry (1944–) Editar o valor en Wikidata../... 29
Sitio do Patrimonio Cultural de Rusia

Páxina webvolgadmin.ru Editar o valor en Wikidata
BNE: XX457360

Volgogrado[Cómpre referencia] (en ruso, Волгоград; Volgograd Ru-Volgograd.ogg /vɐlɡəˈɡrat/ ) é unha cidade situada na Federación Rusa e antigamente chamada Tsaritsyn entre 1598 e 1925 e Stalingrado entre 1925 e 1961. Está situada no óblast homónimo, na confluencia dos ríos Volga e Tsaritsa. As súas orixes remóntanse á creación dun centro de apoio ao comercio fluvial nas marxes altas do río Volga e para establecer unha cidade fronteiriza no norte do Cáucaso. Alcanzou a fama e o recoñecemento mundial por ser sitio dunha das máis cruentas batallas da segunda guerra mundial, a batalla de Stalingrado, na cal soldados soviéticos resistiron heroicamente os intentos de conquista por parte das forzas nazis entre xuño de 1942 e febreiro de 1943, a un altísimo custo de vidas humanas.

A cidade en 1623.

Fundada en 1589 co nome de Tsaritsyn que foi tomado do río Tsaritsa (do tártaro Sary Su, Auga Amarela). A fortaleza foi establecida coa fin de defender a inestable fronte sur do Imperio Tsarista, converténdose co tempo nun importante centro de tránsito e de comercio. Foi capturada polos cosacos en dúas oportunidades, a primeira en 1670 baixo a sublevación encabezada por Stenka Razin, e posteriormente en 1774 por Yemelián Ivánovich Pugachev. A finais do século XIX era un dos máis importantes portos fluviais do Volga.

Durante a guerra civil rusa a cidade e os seus arredores foron centro de grandes combates entre os bolxeviques e os menxeviques, que a tomaron en 1918 baixo o mando de Anton Ivanovich Denikin. Foi recuperada polos revolucionarios ao ano seguinte, para tomar o nome de Stalingrado, por ser Stalin quen a conquistou para o Exército Vermello nunha decisiva vitoria durante a guerra civil. Durante o réxime soviético converteuse nun importante centro industrial altamente perfeccionado, ademais de ser un centro neurálxico para o transporte fluvial e o transporte de bens por ferrocarril.

Durante a segunda guerra mundial (coñecida en Rusia como a Gran Guerra Patriótica) converteuse no centro da máis sanguenta batalla da Historia[Cómpre referencia], a batalla de Stalingrado. Esta foi un episodio decisivo na segunda guerra mundial tanto para o sostemento da resistencia da Unión Soviética contra o Exército de Adolf Hitler, como tamén como punto de crebe do avance nazi durante a guerra. Os exércitos de Alemaña, Italia e Romanía, trataron de tomala como un sitio estratéxico para conquistar a Unión Soviética pero un rápido xiro do millón de homes de Stalin rodearon a cidade e iniciaron unha desesperada resistencia. A batalla iniciouse o 21 de agosto de 1942 e durou ata o 2 de febreiro de 1943, coa rendición do mariscal de campo Friedrich Paulus e todo o VI Exército Alemán.

A batalla custou entre 1.7 e 2 millóns de mortos entre soldados do Eixo e forzas soviéticas. En recoñecemento ao heroísmo mostrado polo Exército Vermello e os seus habitantes, a cidade recibiu a condecoración de "Cidade Heroica" en 1945, ademais recibir de agasallo conmemorativo pola defensa, dunha espada especialmente confeccionada para o efecto por orde do rei do Reino Unido Xurxo VI. A reconstrución da devastada cidade tomou varios anos, durante a cal creouse un gran complexo conmemorativo da batalla chamado Mamaev Kurgan, no outeiro homónimo. Existe un gran museo que mostra pezas e armamento utilizados durante o asedio, tales como o fusil usado polo francotirador Vasili Záitsev, heroe da Unión Soviética e protagonista da película Inimigo ás portas.

Durante o proceso de desestalinización iniciado a fins da década de 1950, a cidade foi rebautizada co nome de Volgogrado, que literalmente significa "cidade do Volga". Este feito foi curiosamente prexudicial para a cidade, xa que ninguén relacionaba a Volgogrado coa famosa cidade da guerra. Ata houbo unha breve pero forte campaña en 1985 durante o goberno de Konstantín Chernenko para retomar o nome que tanta fama lle deu. Ata na actualidade existe un certo grao de apoio para retomar o nome entre a poboación local, aínda que non hai noticias diso de parte do goberno federal[Cómpre referencia].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]