Vivian Maier
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1926 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 21 de abril de 2009 (83 anos) Chicago, Estados Unidos de América |
Residencia | Estados Unidos de América Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Fotografía e guarda de crianças (pt) |
Lugar de traballo | North Shore (en) (1956–) |
Ocupación | fotógrafa, ama de leite, babá (pt) |
Período de actividade | (Con vida en: 2008 ) |
Interesada en | Fotografia de rua (pt) e privacidade |
Xénero artístico | Fotografia de rua (pt) |
Descrito pola fonte | A World History of Women Photographers (2020 edition) (en) |
Páxina web | vivianmaier.com |
Vivian Dorothy Maier, nada en Nova York o 1 de febreiro de 1926 e finada en Oak Park (Illinois) o 21 de abril de 2009, foi unha fotógrafa de rúa estadounidense. Maier traballou durante uns corenta anos coidando nenos, sobre todo en North Shore (Chicago), ralizando fotografías durante o seu tempo de lecer. Tomou máis de 150 000 fotografías durante a súa vida, especialmente da xente e da arquitectura de Chicago, Nova York e Os Ánxeles, aínda que tamén viaxou e tirou fotografías por todo o mundo.[1]
Durante a súa vida, as fotografías de Maier foron descoñecidas e non se publicaron; moitos dos seus negativos nunca foron impresos. Un coleccionista de Chicago, John Maloof, adquiriu algunhas das fotos de Maier en 2007, mentres outros dous coleccionistas, Ron Slattery e Randy Prow, tamén atoparon algunhas copias e negativos de Maier nas súas caixas e maletas nesa época. As fotografías foron publicadas por primeira vez en Internet en xullo de 2008, por Slattery, mais a obra recibiu pouca atención.[2] En outubro de 2009, Maloof ligou o seu blog a unha selección de fotos de Maier na web Flickr, e converteuse nun fenómeno viral, con miles de persoas demostrando interese. A obra de Maier atraeu a atención da crítica,[3][4] e dende entón, as imaxes foron expostas en todo o mundo.[5][6]
A vida e obra de Maier foi o tema de libros e documentais, incluído o filme Finding Vivian Maier (2013), que se estreou no Festival Internacional de Cinema de Toronto,[7] e recibiu unha candidatura ao premio ao mellor documental na 87ª edición dos Óscar.[8]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Moitos detalles da vida de Maier son descoñecidos. Naceu en Nova York en 1926, filla de nai francesa, Maria Jaussaud Justin, e de pai austríaco, Charles Maier (tamén coñecido como Wilhelm).[9] Varias veces durante a súa infancia mudouse entre os Estados Unidos e Francia, vivindo coa súa nai na aldea alpina de Saint-Bonnet-en-Champsaur preto dos seus parentes maternos. O pai parece que deixou a familia temporalmente por razóns descoñecidas contra 1930. No censo de 1930, a cabeza da casa aparece como Jeanne Bertrand, fotógrafa de éxito que coñeceu a Gertrude Vanderbilt Whitney, fundadora do Whitney Museum of American Art.[10][11] Cando Maier tiña catro anos, ela e a súa nai mudáronse ao Bronx con Bertrand, que nesa época era fotógrafa profesional.[12][13]
En 1951, con 25 anos e sen a súa nai, mudouse a Nova York e comezou a traballar como neneira, labor que continuou profesionalmente durante o resto da súa vida. O ano seguinte adquiriu a súa cámara Rolleiflex.[14]
En 1956 trasladouse a Chicago, a unha área próxima ao Rogers Park.[15] Alí, a familia para a que traballaba permitiulle ter un pequeno baño xunto ao seu cuarto, que Maier comezou a empregar como cuarto escuro para revelar algunhas das súas fotografías. Non obstante, segundo os nenos medraban e tiña que cambiar de familia, víase obrigada a deixar sen revelar carretes que se ían acumulando. Nesa época comezou a tirar fotografías en cor usando carretes Kodak e distintos tipos de cámaras réflex. Xunto a iso, a temática das fotografías de Maier foi cambiando para centrarse en graffiti e obxectos abandonados en lugar de nas ocupacións diarias da xente.[14]
En 1959 e 1960, Maier realizou unha viaxe arredor do mundo pola súa conta, fotografando Os Ánxeles, Manila, Bangkok, Shanghai, Beijing, India, Siria, Exipto e Italia.[16] A viaxe probablemente foi financiada pola venda da granxa familiar de Saint-Julien-en-Champsaur. Por un breve período na década de 1970, Maier traballou como ama de chaves do presentador Phil Donahue.[17]
Na década de 1980, Maier tivo que enfrontarse coa inestabilidade no seu traballo, véndose obrigada a cambiar cada pouco tempo de familia. A finais da década de 1990 ou principios dos 2000 tivo que gardar e almacenar a súa cámara e as súas pertenzas mentres intentaba sobrevivir. En situación precaria, logrou traballar cunha familia que lle permitiu manter durante algún tempo un pequeno estudio.[18] A pesar diso, viuse novamente nunha mala situación económica, o que a obrigou a vender as súas fotos, que foron levadas a poxa xunto con outros obxectos e finalmente adquiridas por John Maloof.[14][19]
Legado
[editar | editar a fonte]No curso 2014-2015 estableceuse na Escola de Arte do Instituto de Chicago a Fondo para Bolsas Vivian Maier Scholarship para proporcionar oportunidades a alumnas con necesidades financeiras.[20] A bolsa obtívose mediante doazóns de Maloof, Siskel e Howard Greenberg,[20] propietario da Howard Greenberg Gallery que exhibe e vende a súa obra.[21] Maloof empregou os cartos que recibiu das vendas das fotografías e do seu filme Finding Vivian Maier para axudar a crear a bolsa coa intención de que fose permanente e anual.[22] Sen proceso de solicitudes, o diñeiro é outorgado a estudantes sen basearse no grao, ano ou medio no que traballan, permitindo liberdade artística ás receptoras,[20] das que non se publicou o nome.
Arquivos
[editar | editar a fonte]En 2017, a biblioteca da Universidade de Chicago anunciou que Maloof doara unha colección de imaxes de Maier.[23]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""Vivian Maier: A Life Discovered" hosted by Tim Roth at the Merry Karnowsky Gallery in Los Angeles. – Vivian Maier Photographer". Vivian Maier Photographer.
- ↑ Slattery, Ron. (xullo de 2008) "Story Arquivado 06 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine.", in Big Happy Fun House. Consultado o 11 de xaneiro de 2011.
- ↑ Beck, Katie (21 de xaneiro de 2011). "Vivian Maier: A life's lost work seen for first time". BBC. Consultado o 21 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Vivian Maier", Chicago Tonight, emitido por WTTW, 22 de decembro de 2010. Consultado o 4 de xaneiro de 2011
- ↑ "Exhibitions | Vivian Maier". Vivian Maier Photography. Jeffrey Goldstein. 14 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2014. Consultado o 26 de maio de 2014.
- ↑ "Vivian Maier: La Fotógrafa Revelada". Corporación Cultural de Las Condes. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2015. Consultado o 6 de novembro de 2015.
- ↑ "New doc exposes photo-snapping nanny Vivian Maier". Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ "2015 Oscar Nominations: Imitation Game, Meryl Streep, Still Alice & More". Out Magazine.
- ↑ MacDonald, Kerri (2016). "A Peek Into Vivian Maier's Family Album". Lens Blog (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2018.
- ↑ O'Donnell, Nora (14 de decembro de 2010). "The Life and Work of Street Photographer Vivian Maier", Chicago Magazine. Consultado o 4 de xaneiro de 2011.
- ↑ "From Factory to High Place as Artist, Jeanne J. Bertrand" (PDF). The Boston Globe. 23 de agosto de 1902. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2014. Consultado o 2 de xullo de 2014.
- ↑ MacDonald, Kerri (2016). "Digging Deeper Into Vivian Maier's Past". Lens Blog (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2018.
- ↑ Fernández Santos, Elsa (20 de abril de 2013). "La niñera escondía un tesoro". El País. Consultado o 4 de maio de 2019.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 About Vivian Maier: Biografía de Vivian Maier na súa páxina web oficial Arquivado 11 de maio de 2019 en Wayback Machine. Consultado o 4 de maio de 2019.
- ↑ Unfolding the Vivian Maier mystery...", in Vivian Maier - her discovered work, John Maloof's blog for October 22, 2009. Consultado o 14 de novembro de 2009.
- ↑ Cahan, Vivien Maier: Out of the Shadows, 2012, pp. 40–41
- ↑ Maloof, John (Director), Siskel, Charlie (Director) (9 de setembro de 2013). Finding Vivian Maier (Motion picture).
- ↑ "Little miss big shot", The Independent, 1 de novembro de 2009.
- ↑ "Vivian Maier". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2011. Consultado o 1 de maio de 2013.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 "News: SAIC Establishes Vivian Maier Scholarship for Female Artists". Newcity Art (en inglés). 10 de xuño de 2014. Consultado o 2 de marzo de 2019.
- ↑ "Vivian Maier – Artists – Howard Greenberg Gallery". www.howardgreenberg.com. Consultado o 2 de marzo de 2019.
- ↑ "Vivian Maier Scholarship Fund – Vivian Maier Photographer". Vivian Maier Photographer (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2019.
- ↑ Chicago Tribune
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Libros de fotografías
- Vivian Maier: Street Photographer. Brooklyn, NY: powerHouse, 2011. ISBN 978-1-57687-577-3. Edited by John Maloof. With an introduction by Maloof and a foreword by Geoff Dyer.
- Vivian Maier: Out of the Shadows. Chicago, IL: CityFiles, 2012. ISBN 978-0978545093. Edited by Richard Cahan and Michael Williams.
- Vivian Maier: Self-Portraits. Brooklyn, NY: powerHouse, 2013. ISBN 978-1-57687-662-6. Edited by Maloof.
- Eye to Eye: Photographs by Vivian Maier. Chicago, IL: CityFiles, 2014. ISBN 9780991541805. Edited and with text by Richard Cahan and Michael Williams.
- Vivian Maier: A Photographer Found. Londres: Harper Design, 2014. ISBN 9780062305534. Edited by Maloof with text by Marvin Heiferman and Howard Greenberg.
- The Color Work. Nova York: Harper Design, 2014. ISBN 978-0062795571. With a foreword by Joel Meyerowitz and text by Colin Westerbeck.
- Libros sobre Maier
- Vivian Maier: a Photographer's Life and Afterlife. Chicago: University of Chicago, 2017. By Pamela Bannos. ISBN 978-0226470757.
- Vivian Maier Developed: The Real Story of the Photographer Nanny. Brooklyn, NY: powerHouse, 2018. By Ann Marks. ISBN 978-1576879030.
- Vivian Maier und der gespiegelte Blick: Fotografische Positionen zu Frauenbildern im Selbstporträt. Bielefeld, transcript, 2019. By Nadja Köffler. ISBN 978-3-8376-4700-6.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- John Maloof Collection website on Vivian Maier
- Finding Vivian Maier – An Interview with Producer, Co-Director Charlie SiskelArquivado 09 de outubro de 2020 en Wayback Machine. by Stephen Slaughter Head, PostMovie.net, 2014
- "Vivian Maier: The Unheralded Street Photographer" Arquivado 04 de outubro de 2013 en Wayback Machine. by David Zax, Smithsonian magazine, 2011