Vito Corleone
Vito Andolini Corleone | |
---|---|
Personaxe de O padriño | |
Graffiti de Vito Corleone en Legutio, País Vasco. | |
Creador(es) | Mario Puzo |
Interpretado por | Marlon Brando Robert De Niro |
Información | |
Nacemento | 7 de decembro de 1892 Corleone, Sicilia, Reino de Italia |
Falecemento | 29 de xullo de 1955 Nova York, Estados Unidos |
Cónxuxe | Carmella Corleone |
Fillos | Santino "Sonny" Corleone Frederico "Fredo" Corleone Michael Corleone Constanzia "Connie" Corleone Tom Hagen (adoptivo) |
Relixión | Católica romana |
Nacionalidade | Italiana |
Vito Andolini Corleone é un personaxe ficticio, protagonista do primeiro libro e película da saga O padriño, ademais de semi-protagonista en O padriño II. Encarna ao xefe da familia Corleone, unha mafia siciliana que se atopa na cidade de Nova York, entre os anos 1940 e 1950. Tamén é coñecido polo alcume máis íntimo de Padriño. Este personaxe é protagonista da novela de Mario Puzo titulada O padriño e, foi representado no cine por Marlon Brando en O padriño e por Robert De Niro en O padriño II entre 1972 e 1974.
Na novela o personaxe ten catro fillos: Santino, Constanzia, Frederico e Michael Corleone, ademais de Tom Hagen, que é adoptado. Na película, ten tamén catro fillos, que son Michael Corleone, Santino Corleone "Sonny", Fredo Corleone e Connie Corleone. Ademais de Tom Hagen, que é adoptado. No transcurso da historia só perde a Santino, que é tiroteado nunha casa de peaxe.
Diferentes mortes
[editar | editar a fonte]Vito Corleone falece o 29 de xullo de 1955 á idade de 62 anos, pero a causa da súa morte é diferente no libro e no filme:
- Na película: morre xogando co seu neto mentres coidaba as súas plantas.[1]
- Na novela: morre dun ataque cardíaco nos brazos do seu fillo Michael.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Francis Ford Coppola. Vito Corleone Dies the Perfect Death.