Visclávara Froilaz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XI Galicia, España |
Morte | século XII |
Actividade | |
Ocupación | monxa |
Outro | |
Título | Visclara Froila Gixavara Froylaz |
Familia | Familia Froilaz-Traba |
Pais | Froila Bermúdez e Elvira de Faro |
Irmáns | Lista
|
Visclávara Froilaz (Visclara Froila), foi unha nobre galega da Baixa Idade Media (finais do s. XI e comezos do XII), pertencente á familia Froilaz-Traba[1], filla de Froila Bermúdez de Trasancos e Elvira de Faro. Foron os seus irmáns, entre outros, o conde Pedro Froilaz de Traba e o bispo Gonzalo de Mondoñedo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Herdou da súa familia importantes propiedades nas terras do Eume, onde preside un xulgado de xustiza no ano 1097[2]. A primeira referencia á súa condición de propietaria territorial data do ano 1098, momento no que doa a metade da igrexa de San Xurxo de Magalofes ao mosteiro de San Xoán de Caaveiro, propiedade da súa familia.
Nun documento do 1114 describese a si mesma como "servidora das servas de Deus" (ancillarum Dei ancilla), o que suxire que profesou como relixiosa[2]. Nese mesmo ano, doou ao mosteiro de San Martiño de Xuvia importantes igrexas e herdades nas terras de Trasancos: A metade da igrexa de San Salvador de Serantes, e os dereitos sobre os seus servos na localidade; unha cuarta parte da igrexa de Santa María de Neda; a igrexa de San Lorenzo de Doso; unha oitava parte de San Mamede de Atios; e a terceira parte da igrexa de Santa Eulalia de Aviño. Nas terras de Bezoucos outorgou a súa igrexa de San Vicente de Regoela, en Fene[3]. Estas continuadas doazóns de terras e propiedades dos Froilaz-Traba aos seus propios mosteiros familiares, eran o xeito empregado polo clan familiar para manter indiviso o seu patrimonio territorial.[4]
No 31 de xullo do 1114, Visclávara aparece como confirmante nunha importante doazón da súa irmá Munia ao mosteiro de Xuvia, no que 14 días máis tarde ingresou como relixiosa[5][6].
.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Liñaxe Froilaz-Traba". Xenealoxías do Ortegal. Arquivado dende o orixinal o 21/01/2022. Consultado o 09/11/2018.
- ↑ 2,0 2,1 Fletcher, Richard A. (194). Saint James's Catapult: The Life and Times of Diego Gelmírez of Santiago de Compostela (PDF). Oxford University Press. p. 35.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2006). "O grupo aristocrático dos Fróilaz nas terras do Eume" (PDF). Cátedra: revista eumesa de estudios (13): 385–386. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 19 de novembro de 2018.
- ↑ Frez, Amancio Isla (1992). La sociedad gallega en la Alta Edad Media (en castelán). Editorial CSIC - CSIC Press. p. 128. ISBN 9788400072155.
- ↑ Pena Graña, Andrés (1993). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 79. ISBN 84-87674-32-1. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2018. Consultado o 19 de novembro de 2018.
- ↑ Pena Graña, Andrés (1993). Narón un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 76. ISBN 84-87674-32-1. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2018. Consultado o 19 de novembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barón Faraldo, Andrés - O grupo aristocrático dos Froilaz nas terras do Eume Arquivado 08 de xuño de 2013 en Wayback Machine.. Cátedra: revista eumesa de estudios. Número 13. 2006
- Pena Graña, André - Narón un concello con historia de seu. Concello de Narón. 1993
- López Sangil, Jose Luis - A Nobreza altomedieval galega. A familia Froilaz-Traba. Toxosoutos. 2005