Vinagre de arroz
O vinagre de arroz é un vinagre suave elaborado a partir do produto da fermentación do arroz. A súa cor oscila entre o branco e o dourado pálido. É o único vinagre usado na cociña xaponesa, co que se aduban numerosos pratos coma o popular suxi, o que fai é intervir na elaboración do arroz que acompaña o peixe nas diferentes formas de suxi que existen (por exemplo maki-suxi que son os roliños de arroz con peixe arrodeados de alga nori). Consérvase moito tempo nun lugar fresco. O vinagre de arroz ten un sabor sutil, mais acedo e é máis suave que outros tipos de vinagre (coma o de viño).
Gastronomía do Xapón
[editar | editar a fonte]En xaponés a este vinagre chámaselle komezu. O seu sabor aseméllase ao do vinagre branco, porén é máis mesto. Coma substituto adoita utilizarse vinagre de mazá, que ten un nivel de acidez semellante. É común ás veces, cando non se dispón deste ingrediente, empregar unha cocción de vinagre de mazá e azucre a partes iguais.