Villeta é coñecida pola súa produción de panela, polas súas festividades, como o Reinado Nacional da Panela en xaneiro e o Festival Departamental de Bandas en agosto, e por ser a poboación onde se dá inicio á Ruta do Sol. É tamén un importante centro turístico do departamento de Cundinamarca debido ós seus carreiros ecolóxicos, fervenzas, balnearios, leiras paneleiras e infraestrutura hoteleira.