Santalla de Vilausende, Ribadeo
Santalla de Vilausende | |
---|---|
Concello | Ribadeo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°29′13″N 7°04′28″O / 43.48691928, -7.0743712 |
Área | 10,46 km² |
Poboación | 157 hab. (2020) |
Densidade | 15,01 hab./km² |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santalla de Vilausende é unha parroquia do concello lugués de Ribadeo. Pertence ó arciprestado de Ribadeo. Segundo o censo do ano 2004, ten 226 habitantes, agrupados en 8 entidades de poboación e 3 lugares, cunha densidade media de 21,6 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 182 habitantes, sendo 88 homes e 94 mulleres.
As entidades de poboación son Lourido (12 hab, segundo censo 2014), Porto de Abaixo (26), Porto de Arriba (27), O Río da Veiga (14), San Tomé (5), Santalla (45), A Torre (16) e Vilausende (37). Os lugares (forman parte dalgunhas das entidades) son O Carbón, Os Castros e A Curuxeira.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ó norte coas parroquias de Ove, A Devesa e Covelas, ó oeste coa de Cedofeita, ó sur coas de Couxela e A Valboa (Trabada) e ó leste coa ría de Ribadeo. Ten unha altitude media de 100 metros. Está regada por dous regatos: cara ao norte o regato da Fraga e cara ao sur o regato da Veiga.
Historia
[editar | editar a fonte]O seu topónimo posiblemente provén do nome do posesor xermánico xa latinizado Adosindus, que na documentación medieval aparece na súa forma xenitiva Adosindi. Na súa evolución perdeu o d intervocálico, co que o cambio fonético do i en e dá a forma Aosende, que unida ó seu precompoñente Vila forma Vilaosende. O ditongo ao convértese ás veces en au, formando Vilausende, como está recollido oficialmente, aínda que moitos veciños seguen a pronunciar Vilaosende. Aparece documentada como Villadosindi.[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial ten no seu interior imaxes de estilo barroco do século XVIII.
Os restos do pazo de Quinta Longa, no lugar dos Castros, é un conxunto en mal estado de conservación. A casa conserva a súa estrutura primitiva, con parte do patio de ingreso e corredor sobre piares de granito e cuberta de lousa. No muro oriental campea unha pedra de armas ovalada coa inscrición e cartelado cos emblemas dos Montenegro e Luaces. Completan o conxunto un pombal de forma hexagonal e unha capela que estivo adicada a Virxe da Inmaculada, que conforman un recinto todo amurallado.
No lugar dos Castros quedan restos dun poboado castrexo con cerámica abundante e varios muíños de man, e no lugar da Torre, o Castro da Torre.[3]
Festas e lecer
[editar | editar a fonte]Celébranse as festas patronais o 10 de decembro, na honra a Santa Eulalia. A Festa das Flores, que vén sendo máis relevante, celébrase a derradeira semana de maio ou ben a primeira de xuño. O 10 de xuño tamén se celebran as Festas do Corazón de Xesús. Trátase dunha celebración relixiosa (sen verbena), xa que noutrora considerábase que bailar ese día era pecado e na actualidade se está a conservar tal tradición.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Desembocadura do río Grande na ría de Ribadeo, entre Santalla e Ove. Pódese observar a vía do Ferrocarril Ferrol-Xixón, e á dereita, a ponte da antiga liña Ribadeo - Vilaoudriz, hoxe soporte para o tubo de auga que subministra Ribadeo. Á esquerda, a ría, e á dereita, o río Grande.
Lugares de Santalla de Vilausende
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Santalla de Vilausende no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
A Curuxeira | Lourido | Porto de Abaixo | Porto de Arriba | O Río da Veiga | San Tomé | Santalla | A Torre | Vilausende |
Parroquias de Ribadeo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Rodríguez Díaz, José María (2007). Estudio sobre la toponimia de Ribadeo.
- ↑ Rodríguez Díaz, José María ([2009]). Sobre os castros de Ribadeo. [Lugo]: O Tesón. ISBN 9788461296446. OCLC 733842086.