Vilarelho da Raia
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Vila Real | ||||
Concello | Chaves | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 18,03 km² | ||||
Vilarelho da Raia é unha freguesía portuguesa do municipio de Chaves, con 17,75 km² de área e 619 habitantes (2001) do que resulta unha densidade de 34,9 hab/km². Forman parte da freguesía as aldeas de Vilarelho da Raia, Cambedo, Vila Meã e Vilarinho da Raia.
Está situada en Trás-os-Montes, na Raia coa fronteira galega, a 200 m da parroquia de Rabal (Oímbra). A mediados do século XX foi un lugar de moito contrabando.
Eclesiasticamente pertence ó arciprestado do Alto Tâmega na diocese de Vila Real.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Até 1836 pertenceu ó concello de Chaves. Despois formou parte do antigo concello de Ervededo desde a súa creación en 1836 até a súa extinción en 31 de decembro de 1853, cando pasou de novo para o de Chaves.[2][3]
En 1848 absorbeu a freguesía de Vila Meã.[3]
En 1868, coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864, en troco do Couto Mixto foron anexados a Portugal as partes galegas dos chamados pobos promiscuos, lugares que estaban situados na mesma fronteira, entre Galicia e Portugal. Deste xeito, foille incorporada a outra parte de Cambedo, que pertencía á parroquia de Oímbra.[4][5] Eclesiasticamente seguiu a pertencer á freguesía oimbrá e por tanto á diocese de Ourense. Así, en 1914 aínda dependían do párroco de Oímbra unhas 20 familias portuguesas. Porén, coa entrada de Portugal en 1910 nun novo réxime e as crecentes dificultades dos párrocos para cruzar a fronteira, a parte galega acabou sendo incorporada tamén á arquidiocese de Braga o 27 de novembro de 1914.[6]
A freguesía eclesiástica pertencía ó arcebispado bracarense até que en 1922 pasou a formar parte da nova diocese de Vila Real, igual cás demais freguesías do distrito homónimo.[7]
Demografía
[editar | editar a fonte]1801[8] | 1849[9] | 1864 | 1878 | 1890 | 1900 | 1911 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Habitantes | 457 | 559 | 771 | 966 | 1319 | 1117 | 1115 | 1094 | 1212 | 1570 | 1298 | 1637 | 1260 | 632 | 720 | 619 | 558 |
Gráfica de evolución demográfica de Vilarelho da Raia entre 1864 e 2011 |
Fonte: Instituto Nacional de Estatística. |
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa Matriz, baixo a advocación de Santiago o Maior, foi construída en 1698. Outros templos do concello son as capelas do Señor das Almas, de Nosa Señora das Neves, de Santa Catarina e de San Gonzalo. A Água da Faxa é unha fonte de pedra con espazos para os baños e augas ferrosas, localizada entre Vilarelho da Raia e Cambedo.
Existe un museo etnográfico e arqueolóxico.
Festas e romarías
[editar | editar a fonte]San Xosé (19 de marzo), Santiago (25 de xullo) e Senhor das Almas (penúltima fin de semana de agosto, cun grande espectáculo de pirotecnia).
Colectivos
[editar | editar a fonte]- Asociación Social e Cultural de Vilarelho da Raia.
Lugares e freguesías
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilarelho da Raia
[editar | editar a fonte]Freguesías de Chaves
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Paróquias do Alto Tâmega". Diocese de Vila Real. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2019. Consultado o 20.1.2019.
- ↑ "História cronológica d'Ervededo". Ervededo. Consultado o 21.1.2019.
- ↑ 3,0 3,1 "Paróquia de Vilarelho da Raia". Arquivo Distrital de Vila Real. Consultado o 20.1.2019.
- ↑ Madoz, Pascual (1849). Oimbra (Sta. Maria). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) XII (Madrid). p. 220.Madoz&rft.btitle=Oimbra (Sta. Maria)&rft.date=1849&rft.genre=book&rft.pages=220&rft.place=Madrid&rft_id=https://archive.org/details/diccionariogeogr12mado/page/220&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ García Mañá, Luís Manuel (xullo/decembro 2001). "Couto Mixto, unha república esquecida". IGADI. Arquivado dende o orixinal o 16-03-2012. Consultado o 4-6-2016.Garc�a Mañá&rft.chron=xullo/decembro 2001&rft.genre=unknown&rft.jtitle=IGADI&rft_id=http://www.igadi.org/arquivo/te_se03/couto_mixto_unha_republica_esquecida.htm&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- ↑ Hernández Figueiredo, José Ramón (2014). "Apuntes sobre la geografía eclesiástica de Ourense: Tourém, Lama de Arcos, «Couto Mixto» y «Pueblos promiscuos»". Cuadernos de Estudios Gallegos, LXI (en castelán) (127): 231–240. ISSN 0210-847X. doi:10.3989/ceg.2014.127.07.Hernández Figueiredo&rft.date=2014&rft.genre=article&rft.issn=0210-847X&rft.issue=127&rft.jtitle=Cuadernos de Estudios Gallegos, LXI&rft.pages=231-240&rft_id=http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/viewFile/372/380&rft_id=info:doi/10.3989/ceg.2014.127.07&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- ↑ "A diocese". Diocese de Vila Real. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2018. Consultado o 30.12.2018.
- ↑ Espinha da Silveira, Luís Nuno (2001). Os Recenseamentos da População Portuguesa de 1801 e 1849 I. Lisboa: Instituto Nacional de Estatística. p. 349. ISBN 972-673-491-6.Espinha da Silveira&rft.btitle=Os Recenseamentos da População Portuguesa de 1801 e 1849&rft.date=2001&rft.genre=book&rft.isbn=972-673-491-6&rft.pages=349&rft.place=Lisboa&rft.pub=Instituto Nacional de Estat�stica&rft_id=https://www.ine.pt/ngt_server/attachfileu.jsp?look_parentBoui=377058&att_display=n&att_download=y#page=358&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- ↑ Espinha da Silveira, Luís Nuno (2001). Os Recenseamentos da População Portuguesa de 1801 e 1849 III. Lisboa: Instituto Nacional de Estatística. p. 783. ISBN 972-673-491-6.Espinha da Silveira&rft.btitle=Os Recenseamentos da População Portuguesa de 1801 e 1849&rft.date=2001&rft.genre=book&rft.isbn=972-673-491-6&rft.pages=783&rft.place=Lisboa&rft.pub=Instituto Nacional de Estat�stica&rft_id=https://www.ine.pt/ngt_server/attachfileu.jsp?look_parentBoui=377060&att_display=n&att_download=y#page=128&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">