Viktor Pelevin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de novembro de 1962 (62 anos) Moscova (Unión Soviética) |
Russian Union of Journalists (en) | |
1993 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Budismo |
Educación | Instituto de Literatura Maxim Gorki (1989–1991) Moscow Power Engineering Institute (pt) (1979–1985) |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional, ciencia ficción e literatura de ciencia ficción |
Ocupación | escritor, guionista, novelista, escritor de ciencia ficción |
Período de actividade | 1989 - |
Empregador | Moscow Power Engineering Institute (pt) (1985–) |
Xénero artístico | Prosa |
Profesores | Mikhail Lobanov (en) |
Descrito pola fonte | Lentapedia Russian literature of the 20th century. Volume 3, 2005 (en) , (p.34-37) >>>:ПЕЛЕВИН Виктор Олегович, Russian writers. The Modern Era (en) |
Sitio web | pelevin.nov.ru |
Viktor Olegovich Pelevin (en ruso: Виктор Олегович Пелевин) nado o 22 de novembro de 1962 en Moscova, é un escritor ruso contemporáneo, algúns críticos literarios refírense ó conxunto da súa obra como o movemento literario Nova Sinceridade debido ás sátiras culturais e textos con varios niveis de entendemento[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os seus pais eran unha mestra de inglés e un profesor da Universidade de Bauman. Graduouse en 1985 coma enxeñeiro electromecánico polo Instituto de Enerxía de Moscova (MPEI) traballando como tal no departamento de transporte do citado instituto.
Fixo o servizo militar obrigatorio no exército do Aire, tentando logo obter o graduado no MPEI ata 1989, ano no que asistiu a un taller creativo do escritor Mikhail Lobanov no instituto literario Maxim Gorki, alí fixo amizade con Albert Egazarov e Victor Kulle. Aínda que foi expulsado do Instituto Literario en 1991 fundou cos seus amigos unha editorial (primeiro chamada O día e logo O corvo e o mito) editando nela tres volumes de Carlos Castaneda. Compaxinou este traballo co de reporteiro entre 1989 e 1990 para as revistas Cara a cara e Nakura i Religiya (Natureza e relixión) a raíz do cal entra en contacto co misticismo oriental, nesta última publicou por vez primeira Ignat o feiticiero e o pobo en 1989.
En 1992 publicou a colección de contos A lanterna azul, así como a súa primeira novela Omon Ra na revista Znamya, na cal tamén publicaría en 1993 A vida dos insectos recibindo nese mesmo ano o premio ruso Booker. Non obstante recibiu críticas negativas, ás que contestou co ensaio John Fowles a a traxedia do liberalismo ruso, ao ano seguinte recibiu os premios Interpresscon e o caracol de bronce. Nestas datas é cando consegue fama internacional, ficando como nomeado ao premio IMPAc de Dublín e ao Premio Richard Schoenfeld en Alemaña, chegando a ser un dos intelectuais mais influentes de Rusia a pesar de que non se prodigue na prensa (o que fixo xurdir varios rumores acerca da súa non existencia, ou de que se fora cousa dun ordenador...).
Permitiu que as súas obras se publicasen en Internet sen copyright.
Obras
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]- Omon Ra / Омон Ра (1992)
- A vida dos insectos / Жизнь насекомых (1993)
- O memiño de Buda (aka Clay Machine-Gun) / Чапаев и Пустота (Chapáyev e o baleiro]) (1996)
- Babilonia (en rusia Xeración P, Homo Zapiens) / Generation "П" (1999)
- Números (como parte do libro DTP(NN) - A dialéctida do período de transición (De ningún sitio a nada)) / Числа (часть книги ДПП(NN) - Диалектика Переходного Периода (из Ниоткуда в Никуда)) (2004)
- O libro sacro do lobishome / Священная Книга Оборотня (2004)
- O casco do horror / Шлем ужаса (2005)
- Imperio V / Ампир В (2006)(o texto foi roubado das editoriais e publicado ilegalmente en internet).
- T (2009)
- S.N.U.F.F. (2011)
- Batman Apolo (2013)
Ensaios e relator curtos
[editar | editar a fonte]- O eremita e seisdedos / Затворник и Шестипалый (1990)
- Lanterna azul e outras historias (1991)
- Zombificaсión / Зомбификация
- O príncipe da planificaciñon estatal / Принц Госплана (1992)
- A frecha amarela / Желтая стрела (1993)
- O problemas dun lobishome en Rusia Central (The Werewolf Problem in Central Russia / Проблема верволка в средней полосе
- O día do bulldozerista (Bulldozer Driver’s Day / День бульдозериста),
- 4 por Pelevin' (2001)
- P5: cancións de despedida dos pigmeos políticos de Pindostan / П5: прощальные песни политических пигмеев Пиндостана (2008)
- Auga de piña pra bela señora / Ананасная вода для прекрасной дамы (2010)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Prominent Russians: Viktor Pelevin, en Russiapedia. (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do autor Arquivado 05 de xuño de 2020 en Wayback Machine. na Enciclopedia Británica (en inglés)