Saltar ao contido

Vihreä liitto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liga Verde
Vihreä liitto (en finés)
Gröna Förbundet (en sueco)
Dirixentes e organización
LíderMaria Ohisalo
MocidadesViNO
Filiación internacionalAlianza Libre Europea - Os Verdes Europeos
Partido Verde Europeo
Historia
Fundación28 de febreiro de 1987
Posicións políticas
IdeoloxíaEcoloxismo
Multiculturalismo[1]
Feminismo[1]
Representación
Representación10 deputados no Parlamento de Finlandia
2 deputados no Parlamento Europeo
370 concelleiros
Outros datos
SedeFredrikinkatu 33 A, 00120 Helsinqui
PublicaciónVihreä Lanka
Na rede
www.vihreat.fi
Facebook: vihreat Twitter: vihreat Instagram: vihreat Youtube: UCYR_5afQSjGyhLKWOqwFeTQ Editar o valor en Wikidata

A Liga Verde (en finés Vihreä liitto e en sueco Gröna Förbundet) é un partido ecoloxista finés fundado o 28 de febreiro de 1987 e pertencente ao Partido Verde Europeo. O seu líder é Ville Niinistö.

Posto de Vihreä liitto en Helsinqui.

Aínda que se presentou por primeira vez ás eleccións en 1983, como tal non se constituíu ata 1987 como movemento popular que reunía a sectores tamén procedentes do feminismo e do movemento antinuclear. Nas 1987 obtivo 4 representantes, que nos seguintes comicios aumentarían ata os 10. Nas eleccións europeas de 2004 obtiveron 2 eurodeputados e nas lexislativas de 2007 chegaron ata os 15 deputados (a mellor marca na historia da formación).

Tralas eleccións ao parlamento finés de 2011, a Liga Verde situouse como a 6ª forza política de Finlandia con 10 deputados e o 7,3% dos votos (212.837), aínda que os seus resultados foron peores que nos comicios anteriores, nos que conseguiran 15 escanos e o 8,46% dos votos (234.429).

Resultados electorais

[editar | editar a fonte]

Eleccións parlamentarias

[editar | editar a fonte]

Dende que a Liga Verde conseguiu os seus primeiros dous deputados no Parlamento de Finlandia (os dous independentes) en 1983, a formación ecoloxista conseguiu mellorar sempre os seus resultados agás en 1995 e 2011, sendo nesta última cita electoral onde se produciu o maior retroceso da formación, perdendo 5 escanos e ao redor de 20.000 votos.

Ano Deputados Votos % de votos
1983 2 43 754 1,47%
1987 4 115 988 4,03%
1991 10 185 894 6,82%
1995 9 181 198 6,52%
1999 11 194 846 7,27%
2003 14 223 846 8,01%
2007 15 233 930 8,5%
2011 10 213 172 7,25%

Eleccións municipais

[editar | editar a fonte]
Resultados da Liga Verde nas eleccións municipais de 2008.
0 %   0–2 %   2–4 %   4–6 %   6–8 %   8–10 %   10–12 %   12–14 %   >14– %
Ano Concelleiros Votos % de votos
1984 101 76 441 2,8%
1988 94 61 581 2,34%
1992 343 184 787 6,9%
1996 292 149 334 6,3%
2000 338 171 707 7,7%
2004 314 175 933 7,4%
2008 370 228 227 8,9%

Eleccións presidenciais

[editar | editar a fonte]

Heidi Hautala foi candidata nas eleccións presidenciais de 2000 e 2006, conseguindo nas dúas ocasións aproximadamente un 3,5% dos votos. Pekka Haavisto foi o candidato nas eleccións de 2012, conseguindo pasar á segunda volta, mais perdeu contra o candidato do Partido de Coalición Nacional Sauli Niinistö.

Finlandia entrou na Unión Europea en 1995 xunto a Austria e Suecia, durante a Cuarta Lexislatura do Parlamento Europeo (1994-1999), asignándolle 16 eurodeputados en 1996 e 1999, 14 en 2004, e 13 en 2009. Dende as primeiras eleccións en 1996, a Liga Verde ten logrado sempre 1 o 2 escanos en tódolos comicios celebrados. Destacan as figuras de Heidi Hautala, que foi eurodeputada en 3 lexislaturas, e que o foi tamén de 2009 a 2011, ata ser nomeada ministra de desenvolvemento. Tarja Cronberg ocupa o posto de Hautala dende aquela. Ademais a exministra Satu Hassi, é actualmente eurodeputada.

Este partido forma parte do Partido Verde Europeo dende a súa fundación en 2004 (o partido ecoloxista de ámbito europeo), que se encontra integrado á súa vez no grupo parlamentario Alianza Libre Europea - Os Verdes Europeos no Parlamento Europeo desde 1999.

Ano Deputados Votos % de votos Eurodeputados
1996 1 170 670 7,6% Heidi Hautala
1999 2 166 786 13,4% Heidi Hautala y a partir de 2003: Uma Aaltonen, Matti Wuori
2004 1 172 786 10,4% Satu Hassi
2009 2 206 439 12.4% Heidi Hautala, Satu Hassi

Presidentes do partido

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]