Videoxogo de rol de acción
Un videoxogo de rol de acción (abreviado a miúdo como RPG de acción ou ARPG) é un subxénero de videoxogos que mestura elementos tanto dos videoxogos de acción como dos de rol. Estes xogos ofrecen un sistema de combate semellante aos de tipo hack and slash ou aos de tipo shooter.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros xogos de alxubes eran de tipo Roguelike, se o grupo non se movía os inimigos tampouco o facían. Dungeons of Daggorath saíu á luz para TRS-80 Color Computer en 1982, e mesturaba elementos dun xogo de alxubes con elementos en tempo real, os cales requirían comandos cronometrados e onde os inimigos se movían independentemente do grupo principal.[2] O xogo non tiña estatísticas numéricas tales como vitalidade ou puntos de ataque, no canto diso usaba un sistema tipo arcade de fatiga onde as pulsacións do corazón indicaban a saúde do xogador,[3] un concepto inspirado por Space Invaders, onde se oía un latexo que gradualmente medraba mentres o inimigo avanzaba cara ao xogador.[4] En 1983, ASCII publicou o xogo Bokosuka Wars para o computador Sharp X1,[5] considerado unha mostra temperá dun ARPG,[6][7] aínda que tamén é considerado un TRPG.[8] Neste xogo, cada soldado podía gañar experiencia e subir de nivel loitando, ao tempo que a acción ocorría en tempo real.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hack and Slash" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2012.
- ↑ "Dungeons of Daggorath" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2012.
- ↑ "Dungeons and Desktops" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2012.
- ↑ "Vintage Games" (en inglés). Consultado o 9 de setembro de 2012.
- ↑ "GameSpot" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2012. Consultado o 15 de setembro de 2012.
- ↑ "allgame" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2014. Consultado o 15 de setembro de 2012.
- ↑ "Gamasutra" (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2012.
- ↑ "Nintendo". Consultado o 15 de setembro de 2012.
- ↑ "1UP" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2005. Consultado o 15 de setembro de 2012.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Videoxogo de rol de acción |