Saltar ao contido

Victorino Pérez Prieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVictorino Pérez Prieto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Hospital de Órbigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo, escritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX997710 AELG: 233 BUSC: perez-prieto-victorino-1954 Dialnet: 751771

Victorino Pérez Prieto, nado no concello leonés de Hospital de Órbigo o 18 de outubro de 1954, é un escritor e teólogo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Realizou estudos de Filosofía e Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán e na Universidade Pontificia de Salamanca, onde se licenciou en teoloxía dogmática cunha tese sobre a dimensión relixiosa da xeración Nós e se doutorou cunha tese sobre a teoloxía interrelixiosa e intercultural de Raimon Panikkar. Ordenado sacerdote, exerceu o ministerio na diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Deu clases nas universidades de Santiago de Compostela e A Coruña e exerceu como profesor na Universidade de San Buenaventura (Bogotá) e na Universidade de La Salle en Madrid. Tamén dirixiu cursos de verán na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Foi o primeiro director da revista Irimia e foi membro do consello de redacción da revista Encrucillada, na cal ten publicado numerosos artigos teolóxicos. Ten publicado tamén numerosos artigos noutras revistas e diarios galegos (A Nosa Terra, Grial, Lumieira, Tempos, Guía de libros, Criterios...) e de fóra do país (Sal terrae, Iglesia viva, El Ciervo…), así como varios libros individuais e en colaboración.

É membro da Asociación de Teólogos Juan XXIII, da Red Latioamericana de Teólogos/as Amerindia, do Centro Interculturale Raimon Panikkar Italia (CIRPIT), da Red Iberoamericana de Estudiosos de Raimon Panikkar (RIAP) e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

O seu traballo teolóxico e intelectual ten varios centros de interese: a relación entre galeguismo e cristianismo como compromiso cristián con Galiza; interculturalidade e interrelixiosidade a nivel mundial, particularmente na relación entre Occidente e Oriente; ecoloxismo e cristianismo, nos últimos tempos con particular atención a unha mística ecolóxica; así como unha concepción de Deus para hoxe, particularmente nunha perspectiva trinitaria que non se refire só ao Deus "ad intra", senón a Deus en relación cos humanos e co cosmos.

Obra en galego

[editar | editar a fonte]
  • A xeración "Nós". Galeguismo e relixión, 1988, Galaxia.
  • Cristiáns e galeguistas, 1994, Irimia.
  • Galegos e cristiáns. "Deus fratresque Gallaeciae", 1995, SEPT.[1]
  • Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo, 1997, Espiral Maior.
  • A Romaxe de Crentes Galegos. De Irimia a Santa Margarida, 1998, Irimia.
  • Con cordas de tenrura, 2000, SEPT (tradución española: Con cuerdas de ternura, Madrid, 2002).
  • Contra a síndrome N.N.A. Unha aposta pola esperanza, 2005, Xerais.
  • Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario, 2010, Galaxia.
  • Prisciliano, um Cristão Livre. O Seu Eco na Cultura Galaico-portuguesa, 2017, novembro.
  • A unidade e a harmonía da realidade. Complexidade e ecoloxía (2022). Galaxia. ISBN 978-84-9151-828-0.[2]

Edicións

[editar | editar a fonte]
  • Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía religiosa en galego, 2007, Toxosoutos.
  • Obras de teatro (grandes e pequenas) para o Nadal, 2009, Tambre.
  • Moncho Valcarce. Un símbolo para Galiza, 2010, Trifolium.
  • Prisciliano e o priscilianismo. Da condena á rehabilitación, 2012, Biblos Clube.

Colaboracións en obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Asociación Cultural Xermolos.
  • “Castelao e a verdade dos pobres”, en O Ensino da lingua: por un cambio de rumo, 1995, AS-PG.
  • “Manuel María, poeta relixioso”, en Manuel María, 2001, Ophiusa.
  • Homenaxe a Xosé Lois García, 1996, Barcelona.
  • “A dimensión teolóxica do camiño”, en Aulas no camiño. Diálogos nun camiño da cultura Europea, 2007, A Coruña.
  • “A Igreja do futuro”, en Ser Igreja, 2007, Lisboa.
  • “Pensamento relixioso”, Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, 2008, Xerais.
  • Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano, 2011, A. C. Alexandre Bóveda.

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
  • Ecologismo y cristianismo, 1999, Santander.
  • Más allá de la fragmentación de la teología el saber y la vida: Raimon Panikkar, 2008, Valencia.
  • Dios, hombre, mundo. La Trinidad en Raimon Panikkar, 2008, Barcelona.
  • La búsqueda de la armonía en la diversidad. El diálogo ecuménico e interreligioso desde el Concilio Vaticano II. Estella, 2014.
  • Espiritualidad ecológica. Una nueva manera de concebir a Dios y nuestra relación con él y con el mundo. Saarbrücken, 2014.
  • Diccionario panikkariano (con José Luis Meza Rueda). Barcelona, 2016.
  • Hacia una ecoteología. Barcelona, 2023.
  1. Texto completo de Galegos e cristiáns Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na BVG.
  2. Rodríguez Rial, Nel (Xullo, agosto, setembro). "Sondando a profundidade e complexidade do mundo". Grial LXII (243): 76, 77. ISSN 0017-4181. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]