Saltar ao contido

Vitoriato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Victoriato»)
Anverso e reverso dun vitoriato cuñado en Sicilia

O vitoriato[1] (en latín: victoriatus) foi unha moeda romana de prata emitida durante a República desde aproximadamente o 221 a. C. ata o 170 a. C.[2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

A tipoloxía dos vitoriatos caracterízase pola presenza do busto de Xúpiter nos seus anversos e a Vitoria colocando unha coroa sobre un trofeo (tropaeum), coa inscrición ROMA no exergo, nos seus reversos.

Os vitoriatos tiñan un peso teórico de 3 escrúpulos (aproximadamente 3,4 gramos), o que lle atribuía un valor da metade do cuadrigato, de 6 escrúpulos (que nesa época xa se deixara de emitir) ou un dracma dos que se cuñaban no sur de Italia.[4] A aliaxe de prata dos vitoriatos era algo máis feble cá do denario, aparecido nesa mesma época e co que coexistiu.[5][6]

A data de aparición dos primeiros vitoriatos non se pode concretar, aínda que se dá como próxima ao 221 a. C. O historiador alemán Mommsen datou as primeiras destas cuñaxes nunha data próxima ao ano de Roma 537 (217 a. C.).[7] Para o numismático italiano Celestino Cavedoni, no entanto, apoiado por Bartolomeo Borghesi, a data máis probable sería o 526 de Roma (228 a. C.).[8]

Existen evidencias da circulación desta moeda inicialmente no sur de Italia e máis tarde na Galia, o que resulta indicativo de que o vitoriato foi concibido máis como substitución do dracma que como parte do sistema monetario regular de Roma, baseado no denario como unidade de prata. Cando se emitiron os primeiros vitoriatos, estes tiñan un valor de aproximadamente 3/4 de denario. Pouco despois da desapareción do vitoriato en 170 a. C., a súa tipoloxía mantívose nunha nova moeda de prata, o quinario, creada en 101 a. C., cuxo valor se fixou en medio denario.[9][10]

A denominación de victoriatus non é recente, senón que se daba xa na antigüidade, tal e como testemuña a súa aparición en textos:[11]

(...) Hic nummus [victoriatus], ex Illyrico advectus, mercis loco habebatur; est autem signatus Vitoria, et inde nomen (...)

No mundo de fala grega era coñecido como τροπαικον (tropaikon), por mor do trofeo que aparece nos seus reversos.[12]

  1. "Vitoriato". En Digalego. Dicionario de galego.
  2. "Victoriatus". En Melville Jones, J. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Londres, 1990.
  3. "Victoriatus". En Kroha, T. Grosses Lexikon der Numismatik. Bertelsmann Lexikon Verlag. Gütersloh, 1997. ISBN 3-577-10554-2
  4. Da Veiga Coimbra, Á. "Questões Pedagógicas. Noções de Numismática (VI). Continuação". En Revista de História. 14(30):449. Xuño de 1957. Páxina 456.
  5. Da Veiga Coimbra (1957). "O vitoriato". Páxinas 455-457.
  6. "Sistema Monetario en la República Romana: los Victoriatos". En Imperio-Numismatico.com
  7. Mommsen, Th. Geschichte des römischen Münzwesens. Berlín 1860
  8. Cavedoni, C. "Dei tipi e dell’epoca dell’impressione dei primi vittoriati romani". En Bullettino dell'Instituto di Correspondenza Archeologica. 1850.
  9. Da Veiga Coimbra, Á. (1957). Páxina 454: "A segunda emissão do quinário foi en 640 (104 a. C.), quando se desmonetizou o vitoriato, substituído que foi pelo quinário".
  10. García Garrido. M. "Acerca de unos divisores hispánicos relacionados con el victoriato". En Acta Numismática. Nº. 26. 1996
  11. Plinio. Historia Naturalis. Lib. XXXIII. Cap. XIII.
  12. Crawford, M. H. (1974). Páxina 270: "A curiosity is represented by the two inscriptions which use the term tropaikon = victoriatus to refer to half denarius".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Victoriatus (imaxe en alta resolución para a análise visual detallada dun vitoriato)