Saltar ao contido

Vicente Mejuto Leis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVicente Mejuto Leis
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1913 Editar o valor en Wikidata
Cee, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xuño de 1938 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Berriozar, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónchofer, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsTeófilo Mejuto Leis Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 8425

Vicente Mejuto Leis, nado en Cee o 24 de xaneiro de 1913 e finado en Berriozar o 6 de xuño de 1938, foi un chofer e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Chofer en Cee. En xaneiro de 1931 foi detido xunto co seu irmán Teófilo acusados de agredir a Francisco Casais Costa, empregado da Empresa de Automóviles Guillen.[1] Volveu ser detido en Corcubión en agosto de 1933 acusado de cambiar as cubertas dunha camioneta de Manuel Cambeiro.[2]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido por arrincar un bando escrito, xunto co seu irmán Teófilo e outros sindicalistas da Costa da Morte. Foi procesado e xulgado por rebelión militar na Coruña e condenado a 12 anos e un día de prisión. O 17 de xuño de 1937 foi trasladado desde a Prisión Provincial da Coruña ao penal do Forte de San Cristovo, no monte Ezkaba, onde permaneceu encerrado ata o día 22 de maio de 1938, cando participou na fuga do penal.[3] Foi un dos catros presos fuxidos asasinados no monte Ezkaba, nunha zona próxima a Berriozar coñecida como a Esparceta. A fosa da Esparceta foi exhumada pola Sociedad de Ciencias Aranzadi a iniciativa do concello de Berriozar o 18 de abril de 2015. En xuño de 2021 foron identificados os seus restos.[4][5]

  1. La Voz de Galicia, 8-1-1931, p. 7.
  2. La Voz de Galicia, 31-8-1933, p. 5.
  3. "Mejuto Leis, Vicente". Los presos del penal de Ezcaba. 
  4. "Identificados los restos de un preso gallego que participó en la Fuga de San Cristóbal". Navarra (en castelán). 15 de xuño de 2021. 
  5. Luis Lamela (19 de xuño de 2021). "Vicente Mejuto Leis: la vuelta de un represaliado a casa". La Voz de Galicia (en castelán).