Buceira
Aparencia
(Redirección desde «Vetillo»)
A buceira,[1] tamén chamada bozo,[2] buzo,[3] cofiño,[4] embozo[5] ou vetillo,[6] é un aparello que se emprega para cubrir o fociño dun animal co obxectivo de que este non poida comer ou trabar.
Descrición
[editar | editar a fonte]A buceira consiste nunha estrutura de coiro, plástico ou metal que se adapta ó fociño do animal ó cal se fixa por unha fita que pasa por detrás da cabeza. A buceira axústase ó fociño para impedir que o animal abra a boca pero é aberto abondo para permitirlle respirar.
Usos
[editar | editar a fonte]As buceiras úsanse en diferentes situacións:
- Nos animais de carga cando traballan no campo para evitar que paren a comer.
- Úsase a miúdo nas carreiras de cabalos.
- Por razóns de seguridade, póñenselles ós cans considerados agresivos cando se sacan de paseo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para buceira.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bozo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para buzo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cofiño.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para embozo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vetillo.