Verónica Martínez Barbero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1980 (44/45 anos) Xixón, España |
Deputada de España | |
Circunscrición electoral: Provincia de Pontevedra Electa en: Eleccións xerais de España de 2023 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Oviedo |
Actividade | |
Ocupación | función pública, política |
Verónica Martínez Barbero, nada en Xixón en 1980, é unha avogada e política galega de orixe asturiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Dereito pola Universidade de Oviedo e grao en Administración e Dirección de Empresas.
En decembro de 2015, cofundou Novovinilo Edicións, con sede en Vigo[1], empresa con actividade durante o par de anos seguintes[2].
Foi inspectora de traballo. Foi presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais dende 2017 e profesora da Escola de Relacións Laborais da Coruña. Foi nomeada directora xeral de Traballo do Ministerio de Traballo e Economía Social en xaneiro de 2020,[3] posto do que cesou o 13 de xuño de 2023[4] para encabezar a lista de Sumar pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 2023.[5] Neses comicios foi elixida deputada. Máis dun ano despois, logo das dimisións sucesivas de Marta Lois e de Íñigo Errejón, converteuse na voceira do grupo parlamentar multinacional de Sumar, en novembro de 2024.
É veciña de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha en empresia.es (en castelán).
- ↑ Presentación da editorial no Foro La Región, canel de YouTube de Telemiño.
- ↑ "Aprobados los nombramientos de las nuevas directoras generales del Ministerio de Trabajo y Economía Social" Arquivado 15 de xuño de 2023 en Wayback Machine. (28/1/2020) Ministerio de Traballo y Economía Social (en castelán).
- ↑ Real Decreto 474/2023, de 13 de junio, por el que se dispone el cese de doña Verónica Martínez Barbero como Directora General de Trabajo. BOE 141 de 2023 (en castelán).
- ↑ Verónica Martínez Barbero encabeza la lista por Pontevedra (13/6/2023) Europapress.