Velia
(grc) Ελέα | ||||
Tipo | sitio arqueolóxico da Grecia antiga | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Ascea, Italia (pt) | |||
Localización | contrada Piana di Velia, accesso da Via di Porta Rosa | |||
| ||||
Características | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 1998 (22ª Sesión) | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 538 a. C. | |||
Páxina web | archeosa.beniculturali.it… | |||
Velia era o nome romano dunha antiga cidade da Magna Grecia na costa do Mar Tirreno. Fundada polos gregos de Focea como Hyele (grego antigo: Ὑέλη) ao redor do 538–535 a.C. O nome cambiou máis tarde a Ele e despois Elea (/ˈɛliə/; grego antigo: Ἐλέα) antes de que fose coñecida polo seu nome italiano e latino durante a era romana. As súas ruínas están situadas na rexión de Cilento, preto da moderna vila de Velia, que leva o nome da antiga cidade. A aldea é unha frazione da comune de Ascea na provincia de Salerno, en Campania, Italia.
A cidade era coñecida por ser a casa dos filósofos Parménides e Zenón de Elea, así como a escola eleática da que formaban parte. O sitio da acrópole da antiga Elea foi unha vez un promontorio chamado Castello a Mare, que significa "castelo no mar" en italiano. Agora atópase no interior e pasou a chamarse Castellammare della Bruca na Idade Media.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade está situada preto da costa do Mar Tirreno nunha zona montañosa próxima á Marina di Casalvelino e Marina di Ascea, nunha estrada que une Agropoli co sur da Costa cilentina. A súa poboación sitúase principalmente na chaira xunto ao mar (que rodea a parte sur das antigas ruínas) e nas zonas de outeiros de Enotria, Bosco e Scifro. Velia tamén tiña unha estación de ferrocarril na liña Nápoles-Salerno-Reggio Calabria, pechada a finais dos anos setenta.
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo Herodoto, no 545 a.C. os gregos xónios fuxiron de Focea na moderna Turquía, que estaba a ser sitiada polos persas. Despois dalgunhas andanzas (de 8 a 10 anos) polo mar, detivéronse en Reggio de Calabria, onde probablemente xuntáronse Xenófanes, que estaba nese momento en Messina e logo emigraron cara ao norte ao longo da costa e fundaron a cidade de Hyele, despois renomeada como Ele e despois, eventualmente, Elea. A localización está case á mesma latitude que Focea.
Elea non foi conquistada polos Lucanos, pero finalmente uniuse a Roma no 273 a.C e foi incluída na antiga Lucania. De acordo co libro 6 da Eneida de Virxilio, Velia é o lugar onde o corpo de Palinuro chegou a terra.[1]
Ruínas
[editar | editar a fonte]Existen restos das murallas da cidade, con vestixios dunha porta e varias torres, dunha lonxitude total de máis de tres quilómetros, e pertencen a tres períodos diferentes, en todos os cales utilízase a calcaria cristalina da localidade. Os tixolos tamén se empregaron en tempos posteriores, a súa forma é peculiar deste lugar, cada un deles con dúas canles rectangulares nun lado e de aproximadamente 3´8 cm. cadrados, cun grosor de case 10´16 cm. Todos levan selos de ladrillos gregos. Hai algúns restos de cisternas no sitio, e, outros restos de edificios.[2]
Eleáticos
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eleáticos.
Os Eleáticos eran unha escola de filosofía presocrática. O grupo fundouse no inicio do século V a.C. por Parménides. Outros membros da escola foron Zenón de Elea e Meliso de Samos. Xenófanes ás veces está incluído na lista, aínda que hai algunha disputa respecto diso.
Veciños famosos
[editar | editar a fonte]- Estacio, pai do poeta romano Publius Papinius Statius naceu en Hyele (Silv 5.3.127).
- Parménides, filósofo e fundador dos Eleaticos
- Zenón de Elea, filósofo eleático coñecido polas súas paradoxos
Galería
[editar | editar a fonte]-
A Porta Rosa (Porta rosa, pero Rosa, aquí pretende ser un nome), feita de pedra sen labrar, ladrillos de gres, un raro exemplar dun arco grego, de ao redor do século IV a.C.
-
A estrada Porta Rosa era a rúa principal de Elea, entre os séculos IV e III a.C.
-
A torre medieval de Velia construída dun templo grego
-
Dracma, circa 535-510 a.C.
-
Estatero acuñado no 334-300 a.C. Atenea levando un casco frixio decorado cun Centauro, León devorando presa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Frederick Ahl (trans.), ed. (2007). Virgil's Aeneid. Oxford UP. pp. 139–40. ISBN 978-0-19-923195-9.
- ↑
- Este artigo contén textos da edición de 1911 da Encyclopædia Britannica, dispoñible sen restricións coñecidas de dereito de autor.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Velia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Official website Arquivado 23 de abril de 2022 en Wayback Machine. (en italiano)
- Cilento National Park website (en italiano)