Vegas Altas
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Estremadura | ||||
Provincia | Provincia de Badaxoz | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 90.697 (2015) (49,25 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.841,4 km² | ||||
Vegas Altas é unha comarca situada no norte da provincia de Badaxoz, en Estremadura. O seu centro económico son as poboacións de Don Benito e Villanueva de la Serena.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao norte coa Comarca de Trujillo, ao nordés con Las Villuercas, ao sueste con La Siberia, ao sur con La Serena e ao suroeste coa comarca Tierra de Mérida-Vegas Bajas.
A auga do río Guadiana, grazas a unha importante infraestrutura de canles e quenllas, é o recurso natural sobre o que se cimentou toda a riqueza agrícola da zona. O val fluvial do mesmo, é o elemento vertebrador da paisaxe.
O potencial económico de Don Benito xunto co de Villanueva de la Serena, centros comerciais de primeira orde en Estremadura, unido a un sector agrícola punteiro e unha posición xeográfica vantaxosa, fan das Vegas Altas do Guadiana unha das comarcas con maior dinamismo da rexión.
Concellos
[editar | editar a fonte]- Acedera
- Cristina
- Don Benito
- Guareña
- La Haba
- Manchita
- Medellín
- Mengabril
- Navalvillar de Pela
- Orellana de la Sierra
- Orellana la Vieja
- Rena
- Santa Amalia
- Valdetorres
- Villanueva de la Serena
- Villar de Rena