Veciñanza
Veciñanza é unha candidatura municipalista xurdida en Cuntis a comezos do ano 2015 coa vontade de concorrer ás eleccións municipais do 24 de maio dese mesmo ano.
A candidatura contou con persoas procedentes dos ámbitos do asociacionismo cultural e deportivo, do activismo local e do sindicalismo[1]. Obtivo un total de 672 votos (22,36 %) e acadou dúas concelleiras, Santi Martínez e Saleta Fernández[2]. Malia apoiar a investidura do Alcalde socialista Manuel Campos, Veciñanza non formou parte do Goberno e desenvolveu a súa tarefa política dende a oposición da Corporación Municipal de Cuntis. Veciñanza participou nalgunhas das tentativas de artellamento das chamadas mareas cidadás que durante os meses posteriores se deron en Galicia, pero sen acordar ningunha relación orgánica con outras formacións políticas. A acción política de Veciñanza apóiase en dous eixos en permanente contacto: a acción institucional e a presenza social.
Veciñanza tamén concorreu ás eleccións municipais de 2019. Obtivo 477 votos (o 16’14%) e mantivo os seus dous asentos na Corporación Municipal. Saleta Fernández e Santi Martínez foron de novos as persoas elixidas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A candidatura Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine., na web de Veciñanza.
- ↑ "Veciñanza de Cuntis presenta candidatura". Faro de Vigo. 22 de abril de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.veciñanza.gal Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine.