Vayhi Boker
Vayhi Boker | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | ויהי בוקר |
Director | Eran Kolirin |
Intérpretes | Samer Bisharat |
Estrea | Festival de Cannes: 10 de xullo de 2021 |
Orixe | Israel |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Vayhi Boker (en hebreo: ויהי בוקר; en árabe: ليكن صباحا; laykin ṣabāḥā) é un filme israelí de 2021 dirixido por Eran Kolirin,[1] baseado na novela en lingua hebrea Let It Be Morning do autor palestino-israelí Sayed Kashua.[2][3] En xuño de 2021, o filme foi escollido para competir na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes.[4] Porén, o elenco palestino do filme opúxose á categorización do filme como "israelí" e rexeitou ir ao Festival en sinal de protesta.[5][6][7] Foi escollido como candidato de Israel para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[8]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Mentres asistía á voda do seu irmán, un cidadán israelí de orixe palestina non pode regresar a Xerusalén cando unha estrada é bloqueada polos soldados israelís.[9]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Alex Bakri como Sami
- Juna Suleiman como Mira
- Salim Dau como Tarek
- Ehab Salami como Abed
- Khalifa Natour como Mohammed
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Match Factory boards Eran Kolirin's 'Let It Be Morning' as project gears up". ScreenDaily. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ "We are Not Israelis: Palestinian Actors Boycott Cannes Film Festival". Palestine Chronicle (en inglés). 10 de xullo de 2021. Consultado o 11 de xullo de 2021.
- ↑ "Palestinian cast of Israeli movie to boycott Cannes Film Festival". Haaretz.com (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2021.
- ↑ "Cannes Film Festival 2021 Lineup: Sean Baker, Wes Anderson, and More Compete for Palme d'Or". IndieWire. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ "We are Not Israelis: Palestinian Actors Boycott Cannes Film Festival". Palestine Chronicle (en inglés). 10 de xullo de 2021. Consultado o 11 de xullo de 2021.
- ↑ "Palestinian cast refuses to take part in Cannes Film Festival over inclusion as 'Israeli film'". Middle East Monitor (en inglés). 9 de xullo de 2021. Consultado o 11 de xullo de 2021.
- ↑ "Palestinian cast of Israeli movie to boycott Cannes Film Festival". Haaretz.com (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2021.
- ↑ Brown, Hannah (5 de outubro de 2020). "Eran Kolirin's Let It Be Morning wins big at the Ophir Awards". Jerusalem Post. Consultado o 5 de outubro de 2020.
- ↑ Tartaglione, Nancy (9 de xullo de 2021). "Eran Kolirin Brings Bittersweet Comedy ‘Let There Be Morning’ To Cannes". Deadline.com. Consultado o 6 de outubro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vayhi Boker |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Israel propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vayhi Boker na IMDb (en inglés).