Vacceos Cavaliers
Nome | Vacceos Cavaliers | |
---|---|---|
Fundación | 2009 | |
Sede | Valladolid, Castela e León (España) | |
Estadio(s) | Campos de Pepe Rojo | |
Capacidade | 4000 espectadores | |
Presidente | Santiago Toca | |
Adestrador | Juan Carlos Pérez Delgado | |
Liga(s) | Liga Superibérica | |
2009 | 5º | |
| ||
Na rede | ||
http://www.vacceoscavaliers.com |
O Vacceos Cavaliers é unha franquía de rugby de Castela e León fundada en 2009 co obxectivo de participar na Liga Superibérica de rugby.
Nome
[editar | editar a fonte]Cando na directiva do Club de Rugby El Salvador se pensou nun nome para a franquía Castelán Leonesa da Liga Superíberica, baralláronse diversas alternativas que resaltasen a idea de unión territorial da franquía. Considerouse que o mellor xeito era procurar nas orixes dos primeiros poboadores da zona, antes de que estivera definida xeopoliticamente, elixindo o nome de Vaceos Cavaliers.
Vacceos
[editar | editar a fonte]Os Vacceos foron o primeiro pobo con presenza estable na Meseta Norte documentada.
Cavaliers
[editar | editar a fonte]Substantivo que provén do latín Caballarius, que significa cabaleiros u xinetes, o que engloba conceptos que teñen que ver con Castela e os antigos vacceos, e que imprime un carácter combativo ao nome da franquía castelán-leonesa.
Logotipo
[editar | editar a fonte]Nun logo ovalado que fai referencia ao balón de rugby, sobre fondo carmesí, cor tradicional castelán, unha representación simbólica celta do cabalo, o ben máis prezado dos vacceos, empregando para a labranza, o transporte, a guerra e dende o punto de vista ritual. Nos costados do escudo, o castelo, símbolo do reino de Castela, ademais dunha alusión á orixe xeográfica (Castela, Valladolid) do equipo impulsor da franquía, o Club de Rugby El Salvador.
Tipografía
[editar | editar a fonte]Procurouse unha tipografía céltica para o nome da franquía con maiúsculas repenicadas con símbolos célticos.
Historia
[editar | editar a fonte]A franquía con sede en Valladolid inaugurou a primeira edición da Liga Superibérica no primeiro partido televisado desta competición, que se celebrou nos Campos de Pepe Rojo o 24 de abril de 2009, nun partido no que se enfrontaron aos Mariners da Comunidade Valenciana. Contra todo prognóstico perderon ese partido por 12-36 para os valencianos. Esta primeira edición, ademais supuxo un duro golpe para os seareiros castelán-leoneses, xa que a franquía desta comunidade autónoma non conseguiu clasificarse para a Final Four celebrada no Estadio Teresa Rivero do barrio madrileño de Vallecas.
Polémica
[editar | editar a fonte]Saltou unha pequena polémica debido a que no escudo dos Vacceos Cavaliers aparece nos costados do escudo o castelo, símbolo do Reino de Castela, argumentando que con dito escudo pérdese pluralidade, xa que Vacceos fai referencia a un antigo pobo prerromano que habitaba na zona central do río Douro e algúns de Toledo, Soria e León. Ademais de mesturar motivos históricos moi diferentes: cabaleiros e castelos medievais con vacceos ibéricos.
Tampouco gustou a moitos seareiros o emprego do substantivo "Cavaliers", xa que consideran que é unha copia da franquía da NBA: "Cleveland Cavaliers" e preferirían a denominación castelá "caballero".
De anecdótico, non obstante, pode cualificarse que en Medina del Campo (provincia de Valladolid) existe un equipo chamado "Vacceos Club de Rugby". Sobre isto algunhas voces escusáronse dicindo que xa contemplaran previamente que existían asociacións, fundacións, ademais dun club de tiro e do citado club de rugby, antes de decidirse polo nome definitivo da franquía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cetransa el Salvador Arquivado 08 de setembro de 2008 en Wayback Machine. (en castelán).
- Site oficial da franquía (en castelán).