VGTRK
VGTRK | |
---|---|
Inicio das emisións | 10 de decembro de 1990 |
Propiedade de | Goberno federal ruso |
País | Rusia |
Sede central | Moscova |
Na rede
| |
http://vgtrk.com |
VGTRK ou, na súa forma completa, Vserossiiskaia gosudarstvennaia televizionnaia i radioveshchatelnaia kompaniia (ВГТРК ou Всероссийская государственная телевизионная и радиовещательная компания, en galego Compañía Estatal de Televisión e Radio Panrusa) é unha compañía estatal rusa de radiotelevisión organizada como empresa federal unitaria, dende 1998[1], con carácter comercial para exercer as funcións de produtor e distribuídor público de programas de radio e televisión. Estableceuse por decreto do Presídium do Soviet Supremo de Rusia o 14 de xullo de 1990[2].
Historia
[editar | editar a fonte]O 21 de xuño de 1990 o Congreso dos Deputados do Pobo da RSFS de Rusia adoptou unha resolución sobre os medios de comunicación da república ordenándolle ao consello de ministros tomar as medidas necesarias para crear o Comité de Estado de Radio e a Televisión. O 14 de xullo de 1990 o Presídium do Soviet Supremo estableceu no seu canto a Compañía Estatal de Televisión e Radio Panrusa e designou como o seu primeiro presidente a Oleg Poptsov, antigo subdirector de Moskovskije Novosti.
As primeiras emisións foron o 10 de decembro de 1990[3] ao emitir Radio Rossii por algunhas horas ao día. O 13 de maio de 1991[4] comezou a emitir programas televisivos na primeira segunda canle, baixo o nome de RTR, durante seis horas ao día en tres bloques. O 16 de setembro de 1991 ocupou as frecuencias que deixara libre a segunda canle da Televisión Central Soviética ao deixar de emitir.
Servizos
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]A VGTRK conta con catro canles nacionais principais, que emiten por satélite, cable e no primeiro múltiplex da televisión dixital, e que contan con canles adicionais que transmiten a programación con diferentes horas de atraso para asegurar a transmisión dos programas no horario axeitado nun estado con once fusos horarios.
Canles federais
[editar | editar a fonte]- Rossiia 1 é a canle de televisión insignia da compañía, emite principalmente información e mais entretemento. A canle principal transmite á parte europea de Rusia, 48 entidades constitutivas da Federación Rusa. Dende o 31 de decembro de 2018 hai outras 9 canles que transmiten a emisión con entre unha e nove horas de atraso sobre o horario de Moscova.
- Rossiia K é unha canle que emite información cultural e programas educativos e musicais e que comezou as súas emisións o 1 de novembro de 1997. Conta con tres canles coa emisión en horario atrasado entre 2 e 7 horas.
- Rossiia-24 é unha canle de información continua, con novas e reportaxes de Rusia e internacionais que comezou as súas emisións o 1 de xullo de 2006 e levou primeiro o nome de Vesti ata o 1 de xaneiro de 2010[5] cando o mudou para o actual.
- Karusel é unha canle dedicada ao público infantil que se puxo en funcionamento o 27 de decembro de 2010 en colaboración coa canle Pervyi Kanal [6].
Canles internacionais
[editar | editar a fonte]- RPR-Planeta é o servizo internacional da VGTRK que se dirixe principalmente á diáspora rusa e á poboación rusófona das antigas repúblicas da URSS. Implantouse o 1 de xullo de 2002[7] e a súa programación está composta principalmente por programas de Rossiia 1 e Rossiia K. A canle principal emite para Europa, e conta con outras tres: RPR-Planeta CIS, RPR-Planeta USA e RPR-Planeta Asia.
- Karusel International é a versión internacional da canle Karusel, e que transmite para Europa, Estados Unidos, CIS e Asia.
Televisión dixital
[editar | editar a fonte]Ademais de versións en alta definición das principais canles, a VGTRK baixo o nome de televisión dixital emite múltiples canles temáticas[8]:
|
|
Canles rexionais
[editar | editar a fonte]
|
|
Radio
[editar | editar a fonte]Emisoras federais
[editar | editar a fonte]- Radio Rossii, a principal emisora pública rusa de radio, cunha programación variada, de carácter xeral.
- Radio Maiak, dedicada á información, ao entretemento e á música.
- Vesti FM, emisora informativa.
- Kultura, emisora cultural que polo de agora só se difunde en Moscova, na frecuencia 91.6 de FM
Emisoras rexionais
[editar | editar a fonte]- En Moscova e na súa rexión, en colaboración con Moskva Media contra con tres emsoras rexionais:
- Moskva FM, programación informativa e de entretemento.
- Capital FM, información e música en inglés.
- Radio Moskv, programación informativa e musical.
- Noutras rexións conta coas emisoras:
- Heart FM (Barnaul)
- Volvograd 23 FM (Volvograd)
- Radio Khroshego Nastroeniia (Khabarovsk)
- Alania FM (Osetia do Norte)
Cadeas territoriais dependentes
[editar | editar a fonte]
|
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Estatutos da VGTRK (en ruso)
- ↑ Historia da VGTRK. vgtrk.com (en ruso)
- ↑ A. A. Sherelia (2000) Radiozhurnalistika. Universidade de Moscova
- ↑ Ellen Propper Mickiewicz e James R Shepley (1999) Changing Channels: Television and the Struggle for Power in Russia. Duke University Press, p. 97
- ↑ "Мnogolikaia Rossiia". Rossiiskaia Gazeta, 31 de decembro de 2009
- ↑ "Новый детско-юношеский телеканал "Карусель" начнет вещание 27 декабря". RIA Novosti, 20 de decembro de 2010
- ↑ "Начинает вещание некоммерческий канал "РТР-Планета"". podrobnsti.ua, 1 de xullo de 2002
- ↑ "Бренды" Arquivado 05 de xuño de 2020 en Wayback Machine., digitalrussia.tv
- ↑ "ВГТРК создала региональную телекомпанию в Севастополе". TASS. 19 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 05 de abril de 2020.
- ↑ "В Крыму и Севастополе откроют отделения ВГТРК". Первый Крымский. 19 de xuño. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2018. Consultado o 05 de abril de 2020.