VG-4.6
VG-4.6 Vía de Alta Capacidade Alto da Portela-Menduíña (Corredor do Morrazo) | |
---|---|
ID antigo | |
Identificador | |
Tipoloxía | Vía para automóbiles |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 2,96 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | CG-4.1 Alto da Portela |
Fin | PO-315 Menduíña |
Circulación | |
Tránsito | Rodado, non peonil |
Velocidade máxima | |
Restricións viarias | |
A VG-4.6 ou Vía de Alta Capacidade Alto da Portela-Menduíña (Corredor do Morrazo)[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades do Alto da Portela (Bueu) e Menduíña (Cangas); atravesa os concellos de Cangas e Bueu. Ten unha lonxitude de 2,96 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa CG-4.1 no Alto da Portela (Bueu) e finaliza nun cruzamento coa PO-315 en Menduíña (Cangas).
Percorrido
[editar | editar a fonte]Inicia na final do corredor de Morrazo, CG-4.1, no Alto da Portela, preto do lugar da Portela (concello de Bueu), co semiligazón á estrada PO-551, só sentido Menduíña, seguindo á ligazón do polígono industrial de Castiñeira coa estrada EP-1301 e remata na rotonda da estrada PO-315 no lugar de Menduíña (concello de Cangas), un vai en dirección sur á parroquia de Aldán (concello de Cangas) e outro vai en dirección norte á parroquia de Beluso (concello de Bueu).
Historia
[editar | editar a fonte]As primeiras obras iniciaron en maio de 2003[3] e forma parte do ramal do corredor do Morrazo, CG-4.1 no treito final deste mesmo corredor e foi inaugurado en decembro de 2005,[4][5][6] entre a autoestrada AP-9 e Menduíña (Cangas).
Treitos
[editar | editar a fonte]Denominación | Treito | Kms | Ano servizo |
---|---|---|---|
VG-4.6 | CG-4.1 Alto da Portela - PO-315 Menduíña | 3 | 2005[4][5][6] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "Feijoo afirma que la vía rápida de O Morrazo estará lista en el 2005". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de maio de 2003.
- ↑ 4,0 4,1 "El corredor de O Morrazo espera desde hoy 40.000 coches al día". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2005.
- ↑ 5,0 5,1 "Una trampa menos para O Morrazo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2005.
- ↑ 6,0 6,1 "Ingeniería de vanguardia para la carretera más cara". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2005.