Vúmetro
Un vúmetro ou VU-meter (Volume Unit Meter) amosa o nivel de volume en unidades VU, que se inclúe nos equipos de son, como a mesa de mesturas, para indicarnos o volume do son. Foi desenvolto orixinalmente en 1939 polo esforzo combinado de Bell Labs e os organismos de radiodifusión CBS e NBC para a medición e a normalización dos niveis de liñas telefónicas.
Consta dun instrumento de bobina móbil dun tipo determinado, alimentado por medio dun rectificador de onda completa que se alimenta á súa vez da liña mediante unha resistencia en serie. Non necesita máis fonte de enerxía para o seu funcionamento que o sinal de entrada.
É intencionalmente "lento" na medición (tempo de integración estándar 300 ms), promediando máximos e mínimos de curta duración para mostrar o volume percibido. A súa escala vai desde -20 VU até 3 VU, sendo 0 VU o correspondente a 1'23 V, para o nivel nominal (nivel medio que o fabricante emprega como referencia) de 4 dBu (en Europa).
Ademais, algúns vúmetros electrónicos tamén reflicten os picos ou máximos. Como regra xeral, os niveis de gravación deben ser tales que non superen a área vermella superior a 0 VU, ou só en contadas ocasións. Se o volume de gravación é demasiado alto, a calidade do son e a resposta en frecuencia é xeralmente máis pobre e os efectos de saturación recorte poden ser especialmente problemáticos para un sistema de gravación dixital. Tamén, se o nivel é demasiado baixo, os niveis de ruído serán altos en relación ao son principal.
Unidade VU
[editar | editar a fonte]A unidade de volume (VU) defínese como: "O indicador de volume marca 0 VU cando se conecta á saída unha resistencia de 600 ohms, para un sinal sinusoidal de 1000 Hz."
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rane Pro Audio Reference definition for VU meter
- Q&A on the Standard Volume Indicator by John McNight
- A New Standard Volume Indicator and Reference Level by Chinn, Gannett & Morris
- The Bewildering Wilderness - "Navigating the complicated and frustrating world of audio standards"
- Audio Level Meters
- VU meter vídeo