Saltar ao contido

Eugenio Montero Ríos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Uxío Montero Ríos»)
Modelo:BiografíaEugenio Montero Ríos

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de novembro de 1832 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de maio de 1914 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPazo de Lourizán (–1945)
igrexa da Nosa Señora dos Praceres (1945–) Editar o valor en Wikidata
Presidente do Consello de Ministros
31 de outubro de 1905 – 1 de decembro de 1905
← Eugenio Montero RíosSegismundo Moret ⊟
Presidente do Consello de Ministros
23 de xuño de 1905 – 31 de outubro de 1905
← Raimundo Fernández VillaverdeEugenio Montero Ríos ⊟
Ministro de Graza e Xustiza
11 de decembro de 1892 – 6 de xullo de 1893
← Fernando Cos-Gayón (pt) TraducirTrinitario Ruiz Capdepón ⊟
Senador de España
26 de outubro de 1889 – 12 de maio de 1914
Deputado das Cortes
23 de xullo de 1888 – 22 de novembro de 1889
← Eugenio Montero RíosBenito Calderón Ozores ⊟
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado das Cortes
24 de abril de 1886 – 1 de xuño de 1888 – Eugenio Montero Ríos ⊟
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado das Cortes
1886 – 1886
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Ministro de Fomento de España
27 de novembro de 1885 – 10 de outubro de 1886
← Germán GamazoCarlos Navarro Rodrigo (pt) Traducir ⊟
Deputado das Cortes
25 de xuño de 1884 – 8 de marzo de 1886
Deputado das Cortes
31 de outubro de 1881 – 31 de marzo de 1884
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
19 de setembro de 1872 – 1 de marzo de 1873
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
19 de setembro de 1872 – 9 de outubro de 1872
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Ministro de Graza e Xustiza
13 de xuño de 1872 – 12 de febreiro de 1873
← Alejandro GroizardNicolás Salmerón ⊟
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
28 de abril de 1872 – 28 de xuño de 1872
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Ministro de Graza e Xustiza
24 de xullo de 1871 – 5 de outubro de 1871
← Augusto Ulloa CastañónEduardo Alonso Colmenares (pt) Traducir ⊟
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
24 de abril de 1871 – 22 de maio de 1871 – José Crespo Villar ⊟
Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
14 de abril de 1871 – 24 de xaneiro de 1872
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Ministro de Graza e Xustiza
9 de xaneiro de 1870 – 4 de xaneiro de 1871
← Manuel Ruiz ZorrillaAugusto Ulloa Castañón ⊟
Ministro de Graza e Xustiza
20 de decembro de 1869 – 1 de xaneiro de 1870
← Manuel Ruiz ZorrillaManuel Ruiz Zorrilla ⊟
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
17 de febreiro de 1869 – 2 de xaneiro de 1871
Circunscrición electoral: Pontevedra

Presidente do Tribunal Supremo de España
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmaxistrado, xurista, profesor universitario, político, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorTribunal Supremo de España
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista
Partido Progresista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosEugenio Montero Villegas, Avelino Montero Villegas Editar o valor en Wikidata
ParentesEduardo Vincenti, xenro
Manuel García Prieto, xenro
Benito Calderón Ozores, xenro Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Montero Ríos (Eugenio), p.286) Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 4867 BNE: XX981615 BUSC: montero-rios-eugenio-1832-1914

Eugenio Montero Ríos, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1832 e finado en Madrid o 12 de maio de 1914, foi un destacado xurista e político galego, alcumado o "cuco de Lourizán" onde residiu até pouco antes de morrer.[1]

Foi partidario da separación entre Igrexa e Estado, e á súa iniciativa débense a Lei do Rexistro Civil, a Lei do Matrimonio Civil e a Lei Orgánica do Poder Xudicial.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de Ángel Montero Patiño, escribán de profesión, e de María Francisca Ríos.[2]

Con dez anos, ingresou no Seminario de Santiago. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en 1859. En 1860 foi catedrático de dereito canónico nas universidades de Oviedo e Santiago (1860), e posteriormente na de Madrid (1864).[3] Fundou o periódico de ideas avanzadas, La Opinión Pública, voceiro de Antonio Romero Ortiz, un dos participantes no levantamento de Solís de 1846.

Deputado nas Cortes constituíntes de 1869 polos progresistas. Foi ministro de Graza e Xustiza con Juan Prim entre 1870 e 1871 e un dos maiores valedores de Amadeu I de Savoia, con quen volveu a desempeñar a mesma carteira e a quen acompañou ata Lisboa tras a súa renuncia en 1873. En 1873 participou na fundación do Partido Republicano Democrático de Cristino Martos e en 1877 na creación da Institución Libre de Enseñanza, da que foi reitor ata 1878.

En 1880 aínda asinou un manifesto republicano e ingresou no Partido Democrático Progresista, que abandonou un ano máis tarde[3]. En 1881 gana a cátedra de Estudos Superiores de Dereito Público Eclesiástico, en Madrid. Partidario de Ruiz Zorilla, en 1884 acabou incorporándose ó Partido Liberal de Práxedes Mateo Sagasta. Con Sagasta foi ministro varias veces, de Fomento en 1885 e de Graza e Xustiza en 1892. Foi presidente do Tribunal Supremo en 1888. Foi presidente da delegación española que negociou o Tratado de París, tras a guerra Hispano-Estadounidense (1898) e que supuxo a perda das últimas colonias.

Morto Sagasta en 1903, sucedeuno de forma provisoria, encabezando, con José Canalejas e Vega de Armijo, a fracción máis esquerdista, oposta ó centrismo, máis moderado, de Segismundo Moret.

Foi presidente do Goberno entre o 23 de xuño e o 1 de decembro de 1905.

Composición do goberno de Montero Ríos en 1905
Carteira Titulares
Facenda Ángel Urzáiz Cuesta José Echegaray
Estado Felipe Sánchez Román Pío Gullón Iglesias
Graza e Xustiza Joaquín González de la Peña Joaquín López Puigcerver
Instrución Pública Andrés Mellado y Fernández Manuel de Eguilior Llacuno (Conde de Albox)
Fomento Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta (Conde de Romanones)
Guerra Valeriano Weyler Nicolau
Mariña Miguel Villanueva Gómez Valeriano Weyler Nicolau

A oposición do monarca Afonso XIII a castigar os militares no incidente do semanario satírico ¡Cu-cut! motivou a súa dimisión o 1 de decembro de 1905.

Morreu en Madrid o 12 de maio de 1914. No seu testamento renunciaba ás condecoracións obtidas da coroa.

Ideoloxía

[editar | editar a fonte]

Montero Ríos representa dalgunha maneira o entramado liberal do caciquismo político dominante na Galicia da restauración. Xurisconsulto e avogado de éxito asentou en Galicia a base do seu poder. Foi cabeza dunha ampla familia sanguínea e política formada por xenros (Benito Calderón Ozores, Eduardo Martínez del Campo, Eduardo Vincenti, Manuel García Prieto) e fillos (Eugenio e Andrés Avelino Montero Villegas) con ramificacións nas catro provincias que alongaron a súa influencia alén da súa morte física.[4] Os intereses sociais, políticos e económicos montados en torno a este político acadaban a comezos do século XX a maior parte de Galicia. Á súa residencia do Pazo de Lourizán en Pontevedra acudían políticos, xornalistas e homes destacados da época en peregrinación como se dunha meca política se tratase.

O monterismo e os monteristas foron en Galicia algo máis do que unha corrente de opinión. Montero Ríos, conseguiu, a través da persoa, configurar e unificar as tendencias progresistas liberais que confluían na necesidade de modernizar o estado, de reformar o ensino e de secularizar a sociedade e a política española, recortando a influencia eclesiástica. Xornais como La Voz de Galicia da Coruña, a Gaceta de Galicia de Santiago, El Progreso de Lugo ou La Voz de Mondoñedo eran ideolóxica e politicamente "monteristas" no seu liberalismo progresista, na súa separación entre o civil e o relixioso, no seu laicismo progresivo, no seu fincapé agrarista de carácter antiforal e, en xeral, na súa defensa das clases medias urbanas e non urbanas.

Escribiu importantes obras. En Santiago publicou, en 1855, a Memoria sobre el origen y relaciones de la Economía Política con influencias de Ramón de la Sagra. De volta de Oviedo á súa cidade natal escandalizou ós sectores moderados locais con Ultramontanismo y cismontanismo en la historia y en la ciencia. Practicou desde a prensa a alta cultura académica pasando polo folclore de raíz máis popular.

A súa dilatada obra xurídica e parlamentaria foron dunha riqueza extraordinaria. Vocal da Sección primeira da Comisión xeral de codificación, foi académico da Real Academia da Historia e da de Ciencias Morais e Políticas. Á súa iniciativa débese a Lei Orgánica do Poder Xudicial. Colaborou na Revista General de Legislación y Jurisprudencia, con contribucións sobre administración de xustiza e tribunais de partido.

Recoñecementos públicos

[editar | editar a fonte]

Tralo falecemento rexorde a idea de construírlle un monumento (idea que xa propuxera en 1905 o entón alcalde de Santiago, Cleto Troncoso Pequeño). O monumento foi encargado ó escultor valenciano Mariano Benlliure e costeado por subscrición popular. A escultura foi colocada na praza do Obradoiro (daquela, praza de Alfonso XII), en medio dunha forte polémica, e inaugurada en 1916. En 1928 trasladouse á súa localización actual, na praza de Mazarelos. En Pontevedra dedicóuselle unha das avenidas máis emblemáticas da cidade, a Gran Vía de Montero Ríos.

Montero Ríos aparece vestido coa toga (que alude á súa actividade profesional), condecorado co Vélaro de ouro e porta na súa man un libro sobre a organización do poder xudicial [5]. A figura elévase sobre un alto pedestal, no que uns relevos representan a Sapiencia e a Fe [6], na parte dianteira, e a Caridade e a Xustiza na placa posterior. Nas placas laterais represéntanse a Agricultura (mediante unha muller que sementa a terra) e a Gandería (outra muller, alindando o gando).

Na súa casa natal, na rúa dos Xasmíns nº 3, colocouse unha placa esculpida polo madrileño Miguel Cruz. Unha figura feminina, vestida co traxe tradicional galego, leva nas mans un medallón co rostro de Monteiro Ríos.

Biografías

[editar | editar a fonte]

O primeiro biógrafo importante foi o seu xenro Manuel García Prieto nun discurso pronunciado na Real Academia de Jurisprudencia y Legislación en 1930. Juan del Arco tamén glosou a súa vida e obra no tomo X de Los presidentes del Consejo de la Monarquía Española, 1874-1931) publicado en 1947. A moi completa entrada da Gran Enciclopedia Gallega (1974) realizouna José Antonio Durán, que tamén se ocupou do estadista e xurisconsulto no seu libro Crónicas-4.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Torre, Rafael L. (11/5/2014). "El día que murió Montero Ríos". Faro de Vigo (en castelán). 
  2. Cebreiros Álvarez, Eduardo (28-03-2014). "MONTERO RÍOS, Eugenio (1832-1914)". Universidade Carlos III de Madrid. Arquivado dende o orixinal o 04-02-2018. Consultado o 03-02-2018. 
  3. 3,0 3,1 "Eugenio Montero Ríos". Centro Virtual Cervantes. Consultado o 03-02-2018. 
  4. Anatomía dunha rede caciquil Consello da Cultura Galega.
  5. A "Lei sobre Organización do Poder Xudicial" aprobouse sendo Montero Ríos ministro de Graza e Xustiza.
  6. A alegoría da Sapiencia foi roubada nos anos cincuenta do século XX. A Fundación Benlliure conseguiu localizar o modelo orixinal e iso permitiu reproducila exactamente e restaurar a imaxe.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Raimundo Fernández Villaverde
Presidente do Consello de Ministros de España
1905
Sucesor:
Segismundo Moret