Saltar ao contido

Urbi et orbi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Urbi et orbi é unha locución latina que significa "á cidade de Roma e ao mundo". Era a fórmula habitual coa que comezaban as proclamas do Imperio Romano. Na actualidade é a bendición católica máis solemne que imparte o Papa, e só el, dirixida á cidade de Roma e ao mundo enteiro.

A bendición Urbi et orbi impártese durante o ano sempre en dúas datas destacadas: o Domingo de Pascua e o día de Nadal, 25 de decembro. Faise dende o balcón central da Basílica de San Pedro.

Fórmula da bendición papal Urbi et orbi

[editar | editar a fonte]

Sancti Apostoli Petrus et Paulus, de quorum potestate et auctoritate confidimus, ipsi intercedant pro nobis ad Dominum.

– Amen.

– Precibus et meritis beatæ Mariæ semper Virginis, beati Michælis Archangeli, beati Ioannis Baptistæ et sanctorum Apostolorum Petri et Pauli et omnium Sanctorum misereatur vestri omnipotens Deus et dimissis omnibus peccatis vestris, perducat vos Jesus Christus ad vitam æternam.

– Amen.

– Indulgentiam, absolutionem et remissionem omnium peccatorum vestrorum, spatium veræ et fructuosæ penitentiæ, cor semper penitens et emendationem vitæ, gratiam et consolationem Sancti Spiritus et finalem perseverantiam in bonis operibus, tribuat vobis omnipotens et misericors Dominus.

– Amen.

– Et benedictio Dei omnipotentis (Patris et Filiis et Spiritus Sancti) descendat super vos et maneat semper.

– Amen.

Tradución

[editar | editar a fonte]

"Que os Santos Apóstolos Pedro e Paulo, en cuxo poder e autoridade confiamos, intercedan por nós ante o Señor".

Todos: "Amén".

"Que polas oracións e os méritos de santa María, sempre Virxe, de san Miguel Arcanxo, de san Xoán Bautista, dos santos Apóstolos Pedro e Paulo e de tódolos Santos, Deus todopoderoso teña misericordia de vós e, perdoados tódolos vosos pecados, vos conduza por Xesús Cristo deica a vida eterna".

Todos: "Amén".

"Que o Señor omnipotente e misericordioso vos conceda a indulxencia, a absolución e a remisión de tódolos vosos pecados, tempo para unha verdadeira e proveitosa penitencia, o corazón sempre contrito a emenda de vida, a graza e o consolo do Espírito Santo e a perseveranza derradeira nas boas obras".

Todos: "Amén".

"E a bendición de Deus omnipotente (Padre, Fillo e Espírito Santo) descenda sobre vós e permaneza sempre".

Todos: "Amén".