Saltar ao contido

Ural Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ural CF»)
Ural
NomeUral Club de Fútbol
Fundación1962
Desaparición2020
Na casa

O Ural Club de Fútbol foi un club de fútbol da cidade da Coruña.[1][2] Foi fundado en 1962 por Augusto César Lendoiro. En 2020 cesou a súa actividade[1][3] e os seus equipos foron transferidos ao Español Sociedad Deportiva (club do que foi filial[2][4]), sendo renomeado Ural Español Club de Fútbol.[5][6]

Foi fundado por un grupo de rapaces que xogaban ao fútbol na zona de Santa Margarida, na cidade da Coruña. Entre eles estaba Augusto César Lendoiro que dirixiría o club. O nome déronllo os estudantes asociando os montes Urais ao monte de Santa Margarida.[7] O club adicouse principalmente ao fútbol base.[8]

  1. 1,0 1,1 Ficha do Ural CF na web da Federación Galega de Fútbol Consultado o 15 de xaneiro de 2023.
  2. 2,0 2,1 Ficha do Ural CF na web da Federación Galega de Fútbol Versión arquivada do 19 de setembro de 2019.
  3. Ural Club de Fútbol futbol-regional.es
  4. Ficha do Español SD na web da Federación Galega de Fútbol Versión arquivada do 29 de maio de 2020.
  5. Ficha do Ural Español CF na web da Federación Galega de Fútbol. Consultado o 15 de xaneiro de 2023.
  6. Ural Español Club de Fútbol futbol-regional.es
  7. "La marcha del César". La Verdad. 28 de xaneiro de 2014. 
  8. "Ural CF, un histórico del fútbol base gallego". juvenildivisiondehonor.com. 13 de outubro de 2020.