Unobtainium
Unobtainium é un termo usado en inglés (como se fose derivado do latín) para describir calquera material que posúa propiedades extraordinarias, únicas ou imposibles de obter actualmente no mundo real e que polo tanto é unobtainable, "inobtible" (pois procede deste termo inglés que significa "imposible de obter"). Este tipo de materiais son recorrentes na ciencia ficción. A súa versión en galego podería ser inobtanio, inobtenio ou inobtinio segundo se utilice a vogal temática a (como en Titanio), e (como en Rutenio) ou i (como en Actinio), aínda que debería ser calquera das dúas últimas pois procedería dun verbo (obter) da segunda conxugación.
Por exemplo, o "scrith", material que se usaría na construción dun anel ó redor do mundo, requiriría soportar forzas de tensión e compresión que van alén dos esforzos que as leis físicas convencionais permiten de momento para calquera material real. Outros exemplos poden ser os materiais dos que estarían feitos os cascos das naves de Star Trek ou Star Wars. Terían que soportar temperaturas de millóns de graos, cousa imposible para calquera material coñecido (fundiríanse e evaporaríanse).