Unblack metal
Unblack metal | |
---|---|
Orixe musical | Black metal, metal cristián |
Orixe cultural | Comezos dos anos 1990 en Escandinavia e Australia |
Instrumentos típicos | Voz, guitarra eléctrica, baixo, batería |
O unblack metal, tamén chamado black metal cristián, é un subxénero do heavy metal que segue o estilo do black metal pero no que os músicos promocionan o cristianismo por medio das súas letras e a súa imaxinería.[1] Os grupos deste xénero resultan controvertidos de cara aos afeccionados do black metal máis tradicional, debido ao posicionamento anti-cristián dos grupos pioneiros do xénero. Os medios tamén teñen suxerido que o cristianismo contradí a natureza escura do black metal e os ideais individualistas e misantrópicos de moitos dos grupos dese xénero.[2][3]
O comezo exacto deste estilo está en disputa. O grupo australiano Horde co seu álbum de 1994 titulado Hellig Usvart deu a coñecer o concepto deste estilo e o termo holy unblack metal de cara aos medio,[4] mentres que o grupo noruegués Antestor adoptou o estilo black metal no seu álbum de 1994 Martyrium.[5] Outros exemplos de grupos deste xénero son Crimson Moonlight,[6] Admonish[7] e Frosthardr.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kapelovitz, Dan (2001). "Heavy Metal Jesus Freaks – Headbanging for Christ". Mean Magazine. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2007. Consultado o 6 de setembro de 2007.
- ↑ Moberg, Marcus (2015). Christian Metal: History, Ideology, Scene. Bloomsbury Publishing. p. 51. ISBN 9781472579867.
- ↑ Possamai, Adam (2005). "Religion and Popular Culture: A Hyper-real Testament". Gods, humans, and religions (Peter Lang) (7): 155. ISBN 9789052012728. ISSN 1377-8323.
- ↑ Feuz, Gisela (18 de febreiro de 2014). "Bizarre Musikgenres Teil 6: Unblack Metal". Der Bund (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 01 de decembro de 2015.
- ↑ "MusikkOpp-ned oppnedkors!". Oslonett (en noruegués). 6 de febreiro de 1995. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2008. Consultado o 19 de decembro de 2007.
- ↑ Sharpe-Young, Garry (2001). Rockdetector: A-Z of Black Metal (1ª ed.). Cherry Red Books. p. 91. ISBN 1-901447308.
- ↑ Morrow, Matt (26 de maio de 2005). "Admonish Interview". The Whipping Post. Consultado o 9 de setembro de 2007.
- ↑ Dome, Michael (2007). Murder Music: Black Metal (Filme). Rockworld TV.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |