Saltar ao contido

Umbro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Umbro

Editar o valor en Wikidata
TipoPertencente a Iconix Brand[1]
Fundación1924
LocalizaciónInglaterra Cheadle,
Gran Manchester, Inglaterra
FundadorHarold e Wallace Humphreys (Hermanos Humphreys)
Persoas clavePeter McGuigan,
Nigel Doughty
IndustriaTéxtil
ProdutosCalzado, accesorios,
uniformes deportivos
Na rede
http://umbro.com/
Facebook: UmbroBrasil Twitter: umbrouk Instagram: umbro Youtube: UChOGGwrkhB0EGk7_MtvMkPA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Umbro é unha compañía inglesa fabricante de calzado, roupa deportiva e outros produtos relacionados co fútbol, o deporte en xeral e a moda, que vende os seus produtos en máis de 90 países de todo o mundo. A súa sede principal atópase en Cheadle, Gran Manchester, Inglaterra.

En outubro de 2007 foi mercada pola súa competidora estadounidense Nike. A finais de 2012 Nike vendeuna a Iconix Brand Group.

Umbro é a actual abastecedora de roupa deportiva das seleccións de Serbia, Guatemala, Canadá, Perú, Acerbaixán, Groenlandia, Malaui, Mauritania, Taxiquistán, Turkmenistán, Cimbabue e O Salvador. Ademais viste 86 clubs profesionais de ligas de Europa, América e Asia.

Umbro é unha das marcas de indumentaria deportiva máis recoñecidas a nivel mundial.

A compañía foi fundada en 1910 en Wilmslow, Cheshire, como Humphreys Brothers Clothing. En 1924 mudou o seu nome a Umbro, unha contracción do nome anterior Humphreys Brothers.

• 1924: Harold Humphreys estableceu Umbro co seu irmán Wallace.

• 1934: Umbro abasteceu de roupa depoprtiva os finalistas da FA Cup e polo menos un equipo na final da seguinte década. Para axudar ó esforzo da guerra, as fábricas de Umbro utilizáronse para face-los uniformes das forzas británicas e incluso accesorios para o interior de bombardeiros Lancaster.

• 1961: Umbro comezou a vende-las innovadoras botas de fútbol de Adidas no Reino Unido, parte dun acordo exclusivo coa compañía alemá.

• 1966: 15 dos 16 equipos na Copa do Mundo de Inglaterra estaban equipados coa marca Umbro. Só a Unión Soviética, que accedera a levar roupa desta marca, non cumpriu co acordo. Ao mesmo tempo, Umbro estaba a abastecer kits para o 85 % dos clubs británicos.

• 1967: Celtic FC converteuse no primeiro club británico en gaña-la Copa de Europa de clubs utilizando kits de Umbro.

• 1970: Umbro creou as súas camisolas estilo "azteca" para a Copa do Mundo.

• 1977: Liverpool FC gañou unha liga e dúas Copas de Europa de clubs, o inicio da súa década de éxito no fútbol, gran parte deste período coa marca dos rombos.

• 1980: un período de expansión masiva de Umbro, co crecemento da popularidade do fútbol nos EEUU e o éxito de Umbro entre os nenos estadounidenses.

• Década de 1990: AFC Ajax de Ámsterdam gañou a Liga de Campións da UEFA e a Copa Intercontinental en 1995 vestindo a marca. Manchester United converteuse na forza dominante no fútbol Inglés, coroado polo seu triplo éxito en 1999, tamén usando roupa Umbro. Ademais, logrouse un acordo para vestir a Selección de fútbol do Brasil, para axudar a cimenta-lo seu lugar no cume do fútbol mundial, que gañou a súa cuarta Copa do Mundo. Outra selección de fútbol latinoamericana, Colombia, viviu unha espectacular época utilizando roupa deportiva da marca inglesa dende 1993 ata 1997.

Camiseta do West Ham United (Inglaterra) confeccionada por Umbro.

• Década de 2000: continuou o abastecemento de roupa deportiva para moitos equipos do continente americano. Umbro foi mercada por Nike en 2008 e vendida a Iconix Brand a finais del 2012. Para a revitalización da marca, Umbro lanzou o seu deseño estilo "Tailored" comezando no 2009 e estendeu o concepto a tódolos equipos abastecidos pola marca. Conseguiu tamén prover de roupa co novo estilo a clubs coma o Club Nacional de Football, Independiente Santa Fe, Junior de Barranquilla, Liga Deportiva Universitaria, Universitario de Deportes, Colo Colo, Deportivo Cali, Club Sport Herediano, Club Deportivo Universidad Católica, Estudiantes de La Plata, Atlético Tucumán, Vélez Sarsfield, entre outros.

Venda a Nike

[editar | editar a fonte]

O 19 de outubro de 2007, JJB Sports adquiriu unha participación do 10,1 % en Umbro, nunha medida para protexer a súa participación no mercado de camisolas de fútbol de Inglaterra. O 23 de outubro de 2007 anunciouse que Umbro acordara a súa venda a Nike. O consello de Umbro recomendou ós seus accionistas que votasen a favor da compra, pois se ofrecía un prezo moi competitivo para a empresa. O prezo das accións de Umbro no momento da oferta era de preto de 130 P. O acordo foi aprobado polos reguladores en decembro de 2007.

Nike, en novembro de 2008, adquiriu a marca Umbro nunha operación que valorou a marca británica en 285 millóns de libras esterlinas (340 millóns de euros ou 580 millóns de dólares). Umbro viu nesta compra unha oportunidade para amplia-lo seu negocio internacional. A marca deportiva tivo que perfila-las súas expectativas de beneficio para 2008 ante a caída nas vendas da camisola da Selección de fútbol de Inglaterra. Umbro accedeu á proposta de Nike tras valorar que o seu rendemento financeiro tería menos desequilibros ó pasar dun ano cun gran torneo fútbolistico (como un Mundial ou a Eurocopa) a outro sen torneos dese estilo.

Nike vendeu Umbro no mes de maio do ano 2012 por un prezo de 174 millóns de euros á principal compañía de xestión de marcas no mundo, Iconix Brand Group.

Filosofía

[editar | editar a fonte]

O obxectivo do fundador da marca era facer unha roupa de equipo preparada para o deporte e que á súa vez tivese estilo, chamado tailoring, que se segue a facer.

Tódalas equipacións realizadas por Umbro, levan a inscrición "Tailored by Umbro".

Ata mediados de 1980, a compañía fabricou só roupa deportiva, camisolas de fútbol, en particular, os pantalóns curtos e as calcetas, pero non tiña relevancia no calzado. Finalmente, en 1985, Umbro decidiu introduci-la súa primeira bota de fútbol no mercado brasileiro. Este deseño, máis barato cós produtos de marcas existentes, tales como Adidas, resultou ser popular e entrou en produción en masa a nivel internacional dous anos máis tarde.

Umbro tamén fabricou un popular estilo de pantalóns curtos, que acadou o seu punto máximo a finais de 1980 e principios de 1990. Estaban feitos de nailon, tiñan unha cintura con cordón e, a miúdo, viñan en cores brillantes. Co crecemento do fútbol (soccer) por parte da xente nova en ligas dos Estados Unidos nos anos 1980, moitos mozos, adolescentes e adultos novos comezaron a usar a roupa deportiva como roupa de diario. No apoxeo da moda, outras marcas de pantalóns curtos de fútbol, tales coma Adidas, Diadora, Hummel, Lotto Sport Italia e Mitre, tamén se fixeros populares. Os seus principais competidores neste mercado eran Reebok, Adidas, Nike, Puma, e Lotto Sport Italia.

Hoxe en día, Umbro fabrica todo tipo de roupa deportiva, incluíndo roupa de adestramento e botas de fútbol. A compañía é tamén un actor importante na fabricación de roupa deportiva para algúns dos mellores equipos do mundo. As innovacións recentes no departamento de Umbro de botas de fútbol inclúen as botas Accuro, Medusae e Velocita.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]