Saltar ao contido

Ufa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaUfa
Уфа (ru)
Өфө (ba) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 54°43′34″N 55°56′51″L / 54.7261, 55.9475
EstadoRusia
RepúblicaBashkortostán
Urban okrug in Russia (en) TraducirUfa Urban Okrug (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.128.787 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.863,49 hab./km²)
Lingua oficiallingua rusa
Lingua baskir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie707,93 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Belaya (pt) Traducir e Rio Ufa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude150 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1586 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoRatmir Mavliev (en) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialConstitutional Court of the Republic of Bashkortostan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal450000–450999 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
UTC 5 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico347 Editar o valor en Wikidata
Identificador OKTMO80701000001 Editar o valor en Wikidata
Identificador OKATO80401000000 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Ancara
Halle (Saale)
Cheliabinsk (1999–)
Qiqihar (pt) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webufacity.info Editar o valor en Wikidata

Ufa ou Ufá (Уфа en ruso, Өфө en baskir) é unha cidade de Rusia, capital da república de Bashkortostán, situada na beira dos ríos Ufa e Bélaia, que conta cunha poboación de 1,064.200 habitantes (2010). A maioría dos habitantes da cidade son de etnia rusa (36,1 %), tártara (28,3 %) e baskir (17,1 %).

Foi fundada como fortaleza en 1574 por Iván IV de Rusia "o terrible". No século XVIII converteuse nun salientable centro comercial e cultural da zona, e dende o ano 1781 tamén nun centro administrativo da rexión coñecida naquel entón como Oremburgo. O desenvolvemento industrial da cidade chegou co ferrocarril, que dende 1890 comunicou a cidade con boa parte do resto do imperio ruso. Durante a guerra civil rusa, Ufa foi temporalmente a capital do Goberno Provisional de Tódalas Rusias, un movemento antibolxevique. Uns anos despois, durante a segunda guerra mundial, a cidade tamén acolleu un tempo a capitalidade da República Socialista Soviética de Ucraína por mor da invasión dos nazis.

Industria

[editar | editar a fonte]

O descubrimento de petróleo en Bashkortostán durante a primeira metade do século XX transformou a Ufa nun importante centro industrial. Na actualidade ten industrias eléctricas, mineiras, petroquímicas e de procesado de alimentos.

As principais entidades deportivas da cidade son:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]