Saltar ao contido

U.S. Bancorp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
U.S. Bancorp
Logo
Tiponegocio, empresa, instituição de crédito, institución financeira, retail bank e empresa de capital aberto
Data de fundación1850
Director/aAndrew J. Cecere
Nº de empregados68.108 (2020) Editar o valor en Wikidata
SedeMinneapolis
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.usbank.com/ e https://mortgage.usbank.com/
Facebook: usbank Twitter: usbank Instagram: usbank LinkedIn: us-bank Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

U.S. Bancorp, tamén coñecido como U.S. Bank, é unha corporación bancaria radicada nos Estados Unidos de América.

No ano 2001, Firstar comprou U.S. Bancorp e asumiu o seu nome, movendo as súas oficinas centrais á cidade de Minneapolis.

Firstar foi fundada en 1853 en Milwaukee (Wisconsin) como Farmer's and Millers Bank, chegando a ser First Wisconsin National Bank (en galego, Primeiro Banco Nacional de Wisconsin) en 1919. A compañía cambiou o seu nome polo de Firstar en 1988, como resultado da evolución do banco e das súas fusións e adquisicións[1]

Firstar foi medrando a través dunha serie de fusións e adquisicións, incluíndo Banks of Iowa, Federated Bank, First Colonial Bankshares Corporation, e Investors Bank.

En 1999, foi comprada pola Firstar Star Base (anteriormente First National Cincinnati de Cincinnati), que tomou o nome Firstar. Máis adiante mercou o Mercantil Bancorporation de St. Louis, cinco meses despois. O 27 de febreiro de 2001, Firstar completou a súa adquisición de U.S.Bancorp de Minneapolis, e cambiou o seu nome a U.S. Bancorp[2].

Evolución

[editar | editar a fonte]
  • 1853: Fúndase Farmers and Millers Bank.
  • 1863: O banco cambia o seu nome polo de First National Bank of Milwaukee.
  • 1894: O First National Bank of Milwaukee fusiónase co Merchants Exchange Bank e coa First Wisconsin Trust Company.
  • 1919: O banco fusiónase co Wisconsin National Bank e cambia o seu nome polo de First Wisconsin National Bank of Milwaukee.
  • 1929: First Wisconsin National e posto administrativamente baixo a Wisconsin Bankshares Corporation.
  • 1958: Wisconsin Bankshares establécese como Southgate National Bank of Milwaukee.
  • 1960: O banco é renomeado como First Wisconsin Bankshares Corporation.
  • 1974: O banco é renomeado como First Wisconsin Corporation.
  • 1987: First Wisconsin fai adquisicións en Illinois e Minnesota.
  • 1989: O banco é renomeado como Firstar Corporation.
  • 1995: Firstar cambia tamén o seu nome polo de Firstar Forward.
  • 1998: Firstar fusiónase co Star Banc.
  1. "1st Wisconsin 80 Years Old". Milwaukee Journal (Milwaukee Wisconsin). May 2, 1933. Consultado o February 18, 2013. 
  2. "Firstar Corporation and U.S. Bancorp Complete Merger". U.S. Bancorp Press Release. 2001-02-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]