Saltar ao contido

Twilight (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Twilight (novela)
Título orixinalTwilight
Autor/aStephenie Meyer
Ilustrador/aRyūji Gotsubo
OrixeEstados Unidos de América
Lingualingua inglesa
Xénero(s)young adult fiction, romantic fiction e vampire fiction
Data de pub.2005
Na rede
editar datos en Wikidata ]

Twilight (en galego, Bocanoite) é unha novela de fantasía e romance para mozos de Stephenie Meyer quen a presentou a 14 axentes que a rexeitaron pero que cando se publicou en 2005 se converteu nun éxito de vendas, debutando no quinto posto da lista do New York Times ó mes da súa publicación. Segundo a Publishers Weekly foi un dos mellores libros xuvenís de 2005. O libro vendeu 25 millóns de exemplares en todo o mundo, e permaneceu na lista do New Yory Times 91 semanas. Ademais, traduciuse a 37 linguas.

Argumento

[editar | editar a fonte]

É o primeiro libro da serie Twilight que se compón de catro libros, New Moon, Eclipse e Breaking Dawn, e presenta á moza de dezasete anos Isabella "Bella" Swan que se traslada de Phoenix a Forks, Washington para vivir con seu pai. Durante o transcorrer da novela, atópase en perigo ó namorarse dun vampiro, Edward Cullen. Fíxose unha adaptación cinematográfica estreada en 2008 que foi un éxito comercial.