Saltar ao contido

Turgalicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, coñecida co seu nome comercial de Turgalicia, foi unha sociedade de capital público, inscrita no organigrama da Xunta de Galicia e responsable da promoción turística de Galicia.

Historia e estrutura

[editar | editar a fonte]

Turgalicia foi creada o 22 de setembro de 1992, durante o primeiro goberno de Manuel Fraga na Xunta de Galicia. Dependeu dende aquela da consellería que levase asignada a área de Turismo: entre 1992 e 1997 dependeu da consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; entre ese ano e 2005, da consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo; nese ano regresou á consellería de Industria ata que en 2009 volveu depender da Consellería de Cultura e Turismo.

En xuño de 2011, o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo anunciou a súa eliminación e fusión con outros organismos empresariais e administrativos galegos dedicados ao labor turístico[1].

A súa sede está localizada na Barcia, en Santiago de Compostela.

Funcións

[editar | editar a fonte]

Turgalicia ocúpase da promoción da oferta turística de Galicia tanto nos mercados turísticos internos como exteriores, dos labores de información turística de Galicia, da xestión da calidade dos establecementos turísticos galegos e da edición de material de promoción de Galicia[2].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]