Tucana
Tucana | |
---|---|
Nome latino | Tucana |
Abreviatura | Tuc |
Xenitivo | Tucanae |
Simboloxía | O Tucano |
Ascensión recta | 0 h |
Declinación | -65° |
Área | 295 graos cadrados
Rango 48º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
1 |
Estrela máis brillante | Alfa (α) Tucanae
(magnitude ap. 2,87) |
Choiva de meteoros |
Ningunha |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre 90° e −25°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de novembro | |
{{{notas}}} |
Tucana ou Tucano,[1] é unha constelación do hemisferio sur celeste. É unha das 88 constelacións aceptadas pola Unión Astronómica Internacional. Foi creada polos navegantes holandeses Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre 1595 e 1597, coma resultado das súas exploracións polos mares do hemisferio sur. Apareceu por primeira vez na obra Uranometria (1603), de Johann Bayer. Representa o tucano, unha especie de ave tropical oriúnda de Suramérica.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Tucana é unha constelación moderna inventada a finais do século XVI. Polo que non ten ningún elemento mitolóxico asociado.
Estrelas notables
[editar | editar a fonte]Nome | Mag. | α (J2000.0) |
δ (J2000.0) |
Distancia anos luz |
Comentarios |
---|---|---|---|---|---|
Alfa (α) Tucanae | 2,87 | 22h 18m 30,1s | −60° 15' 35" | 199 ± 7 |
|
Zeta (ζ) Tucanae | 4,23 | 00h 20m 04,3s | −64° 52' 29" | 28 ± 0,2 |
|
Kappa (κ) Tucanae | 4,25 | 01h 15m 46,1s | −68° 52' 34" | 66,6 |
|
Beta (β) Tucanae | 4,36 (β¹) | 00h 31m 32,7s (β¹) | −62° 57' 29" (β¹) | 140 (β¹) |
|
Nu (ν) Tucanae | 4,91 | 22h 33m 00,1s | −61° 58' 56" | 273 ± 4 |
|
Theta (θ) Tucanae | 6,11 | 00h 33m 23,3s | −71° 15' 58" | 490 ± 38 |
|
Lambda (λ) Tucanae (λ Tuc / λ Tucanae) | 6.67 | 00h 52m 24.3s | −69° 30' 16" | 200 ± 19 |
|
HD 221287 | 7,82 | 23h 31m 20,3s | −58° 12' 35" | 173 |
|
Mag. = Magnitude aparente | α = ascensión recta | δ = declinación
Fonte: The Bright Star Catalogue, 5ª ed. revisada., Catálogo de Hiparco, ESA SP-1200
Obxectos notables do espazo profundo
[editar | editar a fonte]Entre os obxectos máis destacables desta constelación, o máis destacado é a Pequena Nube de Magalhães, unha das galaxias satélite da Vía Láctea; seguida moi de preto por 47 Tucanae ou 47 do Tucano (NGC 104), o segundo cúmulo globular máis brillante de todo ó firmamento. Este atópase a 13.400 anos luz de nós. Semellante á pequena nube de Magallanes, pero moito máis apagada, está á Galaxia Anana do Tucano, descuberta no 1990.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tucana |