Tubeway Army
Aparencia
Tubeway Army | |
---|---|
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 1976 - 1979 |
Xénero(s) | punk rock, post-punk, new wave, música electrónica |
Selo(s) discográfico(s) | Beggars Banquet Records |
Membros | Gary Numan Paul Gardiner Jess Lidyard Bob Simmonds Barry Benn Sean Burke Billy Currie Trevor Grant Chris Payne Cedric Sharpley |
Na rede | |
http://www.garynuman.co.uk/ | |
Tubeway Army foi unha banda de punk rock e new wave inglesa baseada en Londres liderada polo vocalista Gary Numan. Foi o primeiro grupo da era post-punk en ter un número 1 baseado nos sintetizadores, co seu sinxelo "Are 'Friends' Electric?", e o seu disco Replicas entraría na lista británica de álbums a mediados de 1979. Tras o seu lanzamento, Numan optou por abandonar o nome de Tubeway Army e publicar música co seu propio nome como compositor, produtor e única figura pública do grupo, aínda que mantivo aos músicos de Tubeway Army como banda de acompañamento.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Tubeway Army - 1978 (Beggars Banquet Records)
- Replicas - 1979 (Beggars Banquet Records, Atco Records)