Tropa de Elite
Tropa de Elite | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tropa de Elite |
Director | José Padilha |
Produtor | José Padilha Marcos Prado |
Guión | Bráulio Mantovani José Padilha Rodrigo Pimentel |
Baseado en | Elite da Tropa de Luiz Eduardo Soares |
Intérpretes | Wagner Moura Caio Junqueira André Ramiro |
Música | Pedro Bromfman |
Fotografía | Lula Carvalho |
Montaxe | Daniel Rezende Chris Lebenzon |
Estudio | Zazen Produções |
Distribuidora | Universal Pictures (Brasil) IFC Films (Norte América) |
Estrea | 2007 |
Duración | 120 minutos |
Orixe | Brasil |
Xénero | Acción, drama |
Orzamento | BRL11 millóns |
Filme seguinte | Tropa de Elite 2: o Inimigo Agora É Outro |
Na rede | |
http://www.tropadeeliteofilme.com.br/ | |
Tropa de Elite é un filme brasileiro dirixido por José Padilha que se estreou no 2007. O guión foi escrito por Bráulio Mantovani, baseado no libro Elite da Tropa do sociólogo Luiz Eduardo Soares e dous capitáns de BOPE, André Batista e Rodrigo Pimentel.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Brasil, ano 1997. O capitán Nascimento (Wagner Moura) está ó mando dun escuadrón de Batallón de Operacións Policiais Especiais (BOPE), un corpo de elite da policía de Río de Xaneiro. A súa misión é actuar nas favelas, nas que a policía, por medo ou por corrupción, non intervén. Nascimento quere deixar o seu posto, xa que está a piques de ser pai, pero antes precisa atopar un substituto axeitado. Con ese fin comeza a instruír a dous policías honestos e amigos dende a infancia: Neto, que é un home de acción, e Matías, que estuda Dereito porque cre na lei. Xuntos entrarán no BOPE e cumprirán as súas misións ata as últimas consecuencias.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Wagner Moura como Capitán Roberto Nascimento
- Caio Junqueira como Aspirante Neto Gouveia
- André Ramiro como Aspirante André Matias
- Maria Ribeiro como Rosane
- Fernanda Machado como Maria
- Fernanda de Freitas como Roberta Alunde
- Paulo Vilela como Edu
- Milhem Cortaz como Capitán Fábio
- Marcelo Valle como Capitán Oliveira
- Fábio Lago como Baiano
- Alex Avellar como 02
- Ricardo Pagotto Piai como 08
- Guilherme Aguilar como 07
- Pedro Bonfim como PM Robson
- Sandro Rocha como Sarxento Rocha
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2008: Festival de Berlín: Oso de Ouro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)