Saltar ao contido

Bilurico patiamarelo pequeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tringa flavipes»)
Bilurico patiamarelo pequeno
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Tringa
Especie: Tringa flavipes
(Gmelin, 1789)

Sinonimia

Totanus flavipes

O bilurico patiamarelo pequeno[2][3] (Tringa flavipes) é unha ave limícola de tamaño medio da familia Scolopacidae. O nome do xénero Tringa procede do nome neolatino que lle deu Aldrovandus en 1599 ao bilurico alinegro, que derivou do termo grego usado por Aristóteles trungas, referido a unha ave non perfectamente identificada. O nome específico flavipes procede do latín flavus, 'amarelo' e pes, `pés'.[4]

Esta especie é de aparencia similar á especie de maior tamaño bilurico patiamarelo grande (Tringa melanoleuca), aínda que está máis emparentado co moito máis grande Tringa semipalmata;[5] o padrón denso, claro e fino do seu pescozo en plumaxe reprodutora indica o parentesco entre estas especies.

Polos de T. flavipes

É un limícola de medio tamaño que mide uns 27 cm de lonxitude. As patas son amarelas. Comparado co bilurico patiamarelo grande, o bico é máis curto (visualmente de aproximadamente o mesmo tamaño que a cabeza), delgado e recto de cor uniformemente escuro. O peito ten manchas e os flancos están finamente marcados con barras curtas.[6]

O seu hábitat de reprodución son os claros preto de lagoas na rexión do bosque boreal desde Alasca a Quebec. Aniñan no chan, xeralmente en sitios secos abertos.

Migran ás costas do golfo de México dos Estados Unidos e ao sur de Suramérica. Esta especie é unha ave errante regular no oeste de Europa e a Galicia só chegan algunhas aves accidentais[3] ou, por exemplo, en Gran Bretaña só se rexistran uns cinco exemplares cada ano, principalmente entre agosto e outubro.[7]

Aliméntanse en augas pouco profundas, ás veces usando o bico para remexer na auga. Comen principalmente insectos, pequenos peixes e crustáceos.

A chamada desta ave é máis suave que a do bilurico patiamarelo grande, moito máis áspera.

  1. "Tringa flavipes". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 161, 390. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  5. Pereira, Sérgio Luiz; Baker, Alan J. (2005). "Multiple gene evidence for parallel evolution and retention of ancestral morphological states in the shanks (Charadriiformes: Scolopacidae)". The Condor 107 (3): 514–526. doi:10.1650/0010-5422(2005)107[0514:MGEFPE]2.0.CO;2. 
  6. Scott, Shirley L., ed. (1994). Field Guide to the Birds of North America (2nd ed.). The National Geographic Society. pp. 114–115, 137. ISBN 0-87044-692-4. 
  7. "Leser Yellowlegs (species profile)" at the Natural Lizard website (retrieved 5 April 2019)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]