Tribunal de Orde Pública
Aparencia
Tribunal de Orde Pública | |
---|---|
Tipo | tribunal |
Data de fundación | 2 de decembro de 1963 |
Data de disolución | 4 de xaneiro de 1977 |
Sede | convento das Salesas Reais |
En | Madrid |
País | España |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Tribunal de Orde Pública, tamén coñecido como TOP, foi unha instancia xudicial especial existente nos últimos anos do franquismo. A súa misión foi a represión das condutas que baixo ese réxime eran consideradas delitos políticos. Este Tribunal existiu desde 1963 até 1977. Con anterioridade, a gran maioría dos procesos de tipo político do franquismo recaían na xurisdición militar.
A súa creación data do 2 de decembro de 1963 e asume as funcións da entidade chamada Tribunal Especial de Represión da Masonería e o Comunismo. Nos seus case catorce anos de existencia foron condenados miles de cidadáns. Procesos como o famoso Proceso 1001, contra dirixentes do sindicato Comisións Obreiras, corresponderon ao TOP.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- del Águila Torres, J. J. (2001). El TOP. La represión de la Libertad, 1963 a 1977. Barcelona: Planeta. ISBN 84-08-04065-0.del Águila Torres, J. J.&rft.btitle=El TOP. La represión de la Libertad, 1963 a 1977&rft.date=2001&rft.genre=book&rft.isbn=84-08-04065-0&rft.place=Barcelona&rft.pub=Planeta&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">