Saltar ao contido

Tratado de Ámsterdan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión Europea

Este artigo forma parte da serie:
Política e goberno
da Unión Europea


Tratados
Bruxelas · Roma · Maastricht ·
Acta Única Europea
Ámsterdan · Niza · Lisboa
Institucións
Comisión

Presidente da Comisión Europea


Parlamento

Presidente do Parlamento Europeo


Consello

Presidente do Consello da Unión Europea


Outras

Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Banco Central Europeo · Consello Europeo

Outros
Membros · Alongamento · Lei · Euro
Relacións internacionais · Corpos · Axencias

O Tratado de Ámsterdan é un tratado básico da lexislación da Unión Europea, que estivo vixente a partir de 1999.

Foi aprobado polo Consello da Unión Europea de Ámsterdan os días 16 e 17 de xuño de 1997 e asinado o 2 de outubro de 1997 polos ministros de Asuntos Exteriores dos daquela quince estados membros da Unión Europea. O seu propósito era revisar o Tratado de Maastricht. Entrou en vigor o 1 de maio de 1999 tras ter sido ratificado por todos os Estados membros.

O Tratado xiraba en torno a varios aspectos fundamentais: emprego, libre circulación de cidadáns, xustiza, política exterior e de seguridade común, e reforma institucional para afrontar o ingreso de novos membros. Estes asuntos quedaran pendentes en Maastricht.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]