Fortaleza de Cira
Fortaleza de Cira | |
---|---|
ben de interese cultural | |
Concello | Silleda |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 42°46′42″N 8°21′29″O / 42.778447, -8.358042 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | arquitectura militar (século XII) |
Estilo actual | (século XV) |
Estado actual | Propiedade privada. Non visitable |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Fortaleza de Cira ou Torre de Cira é unha construción medieval situada na parroquia de Cira, no concello de Silleda.
Historia
[editar | editar a fonte]Bernardo Xoán de Deza fundou este castelo no século XII aproveitando unha elevación próxima á confluencia dos ríos Deza e Ulla, dando nome ao lugar onde se ergueu. Anos máis tarde, a raíña Dona Urraca fíxose coa súa tiularidade, tras asediala e apreixar dentro dela ao seu propietario, que lla entregou para ser libre. A partir de entón, a raíña empregou a fortaleza como base de operacións para loitar contra o arcebispo Xelmírez para a conquista das súas propiedades.
O único que queda a día de hoxe en pé é a torre da homenaxe da fortaleza que fora levantada polo Conde de Altamira e desfeita polos irmandiños no ano 1467 a consecuencia do seu levantamento popular.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fortaleza de Cira |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fortaleza de Cira na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |