Torre de Belén
(pt) Torre de Belém | ||||
Tipo | forte torre fortificada patrimonio cultural atracción turística | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Mosteiro dos Xerónimos e Torre de Belén | |||
Localización | ||||
División administrativa | Belém, Portugal | |||
Localización | Santa Maria de Belém | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico e Río Texo | |||
Características | ||||
Dimensións | 35 () m | |||
Superficie | 0,09 ha zona de protección: 51,5 ha | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 1983 (7ª Sesión) | |||
Identificador | 263bis-002 | |||
Monumento nacional de Portugal | ||||
Identificador | 323060 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1515 | |||
Actividade | ||||
Uso | faro | |||
Visitantes anuais | 377.780 (2022) | |||
Páxina web | patrimoniocultural.gov.pt… | |||
A Torre de Belén (en portugués "Torre de Belém") é un dos monumentos máis expresivos da cidade de Lisboa. Localízase na marxe dereita do río Texo, onde existiu outrora a praia de Belén. Inicialmente cercada polas augas en todo o seu perímetro, progresivamente foi envolvida pola praia, ata se incorporar hoxe á terra firme.
Clasificada como Patrimonio Mundial pola UNESCO, o 7 de xullo de 2007 foi elixida como unha das Sete marabillas de Portugal.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixinalmente baixo a invocación de San Vicente de Saragoça, patrón da cidade de Lisboa, designada no século XVI polo nome de Baluarte de san Vicente a par de Belén e por Baluarte do Restelo, esta fortificación integraba o plano defensivo da barra do río Texo proxectado á época de Xoán II (1481-1495), integrado na marxe dereita do río polo Baluarte de Cascais e, na esquerda, polo Baluarte da Caparica.
O cronista García de Resende foi o autor do seu risco inicial, tendo rexistrado:
E assim mandou fazer então a (...) torre e baluarte de Caparica, defronte de Belém, em que estava muita e grande artilharia; e tinha ordenado de fazer uma forte fortaleza onde ora está a formosa torre de Belém, que el-Rei D. Manuel, que santa glória haja, mandou fazer; para que a fortaleza de uma parte e a torre da outra tolhessem a entrada do rio. A qual fortaleza eu por seu mandado debuxei, e com ele ordenei a súa vontade; e tinha já dada a capitania dela [a] Álvaro da Cunha, seu estribeiro-mor, e pessoa de que muito confiava; e porque el-Rei João faleceu, não houve tempo para se fazer[1]
A estrutura comezaría a edificarse en 1514, baixo o reinado de Manuel I (1495-1521), tendo como arquitecto Francisco de Arruda. Localizábase sobre un afloramento rochoso nas augas do río, fronteiro á antiga praia de Belén, e destinábase a substituír a antiga nao artillada, ancorada naquel lugar, de onde partían as frotas para as indias. As súas obras ficaron a cargo de Diogo Boitaca, que nesa época tamén dirixía as xa adiantadas obras do veciño Mosteiro dos Xerónimos.
Concluída en 1520, foi o seu primeiro alcaide Gaspar de Paiva, nomeado para a función ao ano seguinte.
Coa evolución dos medios de ataque e defensa, a estrutura foi, gradualmente, perdendo a súa función defensiva orixinal. Ao longo dos séculos utilizouse como rexistro aduaneiro, posto de sinalización telegráfico, e farol. As súas polvoreiras foron usadas como alxubes para presos políticos durante o reinado de Filipe I (1580-98), e, máis tarde, por Xoán IV (1640-1656). O Arcebispo de Braga e Primado das Españas, Sebastião de Matos de Noronha (1636-1641), por coalición con España e facendo fronte a Xoán IV, foi preso e mandado recluso para a Torre de Belén.
Sufriu varias reformas ao longo dos séculos, principalmente a do século XVIII que privilexiou as ameas, o varandín do baluarte, e o recanto da Virxe cara ao río e o claustro.
Clasificada como Monumento Nacional por Decreto do 10 de xaneiro de 1907, foi declarada pola UNESCO como Patrimonio Cultural de toda a Humanidade no 1983.
Características
[editar | editar a fonte]O monumento reflicte influencias islámicas e orientais, que caracterizan o estilo manuelino e marca o fin da tradición medieval das torres da homenaxe, ensaiando un dos primeiros baluartes para artillaría en Portugal.
Parte da súa beleza reside na decoración exterior, adornada con cordas e nós esculpidas en pedra, galerías abertas, torres de vixía no estilo mourisco e ameas en forma de escudos decoradas con esferas armilares, a cruz da Orde de Cristo e elementos naturalistas, como un rinoceronte, alusivos ás navegacións. O interior gótico, por baixo da azotea, que serviu como armaría e prisión, é moi austero.
A súa estrutura componse de dous elementos principais: a torre e o baluarte. Nos ángulos da plataforma da torre e do baluarte, sobresaen garitas cilíndricas coroadas por cúpulas de gomos, ricamente decorada en cantaría de pedra.
A torre cuadrangular, de tradición medieval, érguese con cinco andares por riba do baluarte, a saber:
- Primeiro andar - Sala do Gobernador.
- Segundo andar - Sala dos Reis, con teito elíptico e fogón ornamentado con medias-esferas.
- Terceiro andar - Sala de Audiencias.
- Cuarto andar - Capela.
- Quinto andar - Plataforma da torre.
A nave do baluarte poligonal, ventilada por un claustrín, abre 16 canoneiras para tiro rasante de artillaría. O terraplén, gornecido por ameas, constitúe unha segunda liña de lume, nel atópase o santuario da "Nossa Senhora do Bom Sucesso" co Neno, tamén coñecida como a Virxe do Restelo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ RESENDE, Garcia. Crónica de D. João II, 1545
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Torre de Belén |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Turo de Belém (SIPA / IHRU)[Ligazón morta] (en portugués)
- Torre de São Vicente de Belém (IGESPAR)[Ligazón morta] (en portugués)
- Tower of Belém (IGESPAR) Arquivado 10 de marzo de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Monastery of the Jerónimos and Tower of Belém in Lisbon (IGESPAR) Arquivado 07 de novembro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Páxina da UNESCO sobre o Mosteiro dos Xerónimos e Torre de Belén (en inglés)